Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5316

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefatura da Sección de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Mediante Resolución do 25 novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 244, do 23 de decembro) convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefatura da Sección de Pneumoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e pola Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde de 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar o posto de xefatura da Sección de Pneumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra a Adolfo Baloira Villar, único aspirante presentado.

Segundo. O aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. O aspirante seleccionado obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o profesional seleccionado será avaliado para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao interesado.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artículos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de octubre, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2018

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés