Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de coordinación tecnolóxica avanzada para a dinamización do centro demostrador TIC de Galicia (expediente AMT-2018-0025).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: AMT-2018-0025.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a realización do servizo de dinamización do Centro Demostrador TIC de Galicia, en diante CDTIC, para o apoio no deseño, organización, execución e evolución dos servizos prestados polo CDTIC ás empresas.

Con carácter xeral este servizo comprende:

– Definición do marco estratéxico do CDTIC como instrumento da Axenda Dixital de Galicia 2020.

– Planificar, deseñar e desenvolver as actividades do CDTIC.

– Explotación do MapaTIC.gal, directorio de solucións e empresas TIC galegas.

– Deseñar e executar o Plan de comunicación do CDTIC.

– Explotación do CDTIC Virtual, plataforma na nube de aplicacións empresariais en software libre.

– Apoio e asesoramento á Amtega no deseño e evolución de iniciativas orientadas a promover a transformación dixital entre as pemes e fomentar o mercado TIC en Galicia.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 12 meses contados a partir do 28.4.2018. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución de 12 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada

b) Procedemento: aberto, harmonizado.

4. Valor estimado: 405.000,00 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 135.000,00 €, máis 28.350,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 163.350,00 €, que se distribúe nas seguintes anualidades:

• 2018: 90.000,00 € + 21 % IVE (18.900,00 €) = 108.900,00 €.

• 2019: 45.000,00 € + 21 % IVE (9.450,00 €) = 54.450,00 €.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=251582

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a epígrafe N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 26.2.2018, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Enderezo: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: o lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 15.1.2018.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia