Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 24 de xaneiro de 2018 Páx. 5390

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes (TCA) na estrada PO-552, punto quilométrico 6+500 a 7+800, de clave PO/17/145.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de construción MSV no contorno de TCA na estrada PO-552, p.q. 6+500 a 7+800, de clave: PO/17/145.06. O ámbito de actuación sitúase na estrada PO-552, na zona das Rexas, e afecta os municipios de Vigo e Nigrán, na provincia de Pontevedra.

Este proxecto ten por obxecto a formulación das actuacións necesarias para reducir a accidentalidade no treito referenciado, ao tratarse dunha zona de carácter urbano e periurbano, de trazado sinuoso, con interseccións conflitivas e múltiples accesos a edificacións particulares.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Modificación da conexión leste coa glorieta localizada ao inicio do treito, no p.q. 6+800, en que conflúen dúas vías locais.

– Eliminación da regulación semafórica na contorna do p.q. 7+740.

– Execución dunha glorieta no p.q. 7+640, que dá acceso ao núcleo de poboación de Priegue.

– Execución e reposición de beirarrúas, principalmente na parte inicial do treito.

– Aplicación dun reforzo de firme en varias zonas do treito, para mellorar as condicións de adherencia da calzada.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra), na Casa do Concello de Vigo (praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra) e na Casa do Concello de Nigrán (praza da Constitución, s/n, 36350 Nigrán, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción.

MSV no contorno de TCA na estrada PO-552, p.q. 6+500 a 7+800.

Clave: PO/17/145.06.

Concello de Vigo.

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Titular

Tipo

Superficie total

Superficie para expropiar

Bens

Observacións

1

6687101NG1668N

b

Rafael Lago

Urbano

397

42,80

Improdutivo

a

Rafael Lago

Rústico

362

2,20

Prados ou pradeiras

2

54057A22309013

Non existen bens

3

54057A22300118

223

118 b

Elisa Fontela González

Urbano

34

34,00

1 Árbores madeirables

Prados ou pradeiras

223

118 a

Elisa Fontela González

Rústico

625

158,80

5 Árbores madeirables

Prados ou pradeiras

Concello de Nigrán.

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Titular

Tipo

Superficie total

Superficie para expropiar

Bens

Observacións

4

54035A01600088

16

88

Mario Puentes Cabreira

Rústico

4200

147,40

72 m2 xardín

C-Labor ou labradío secaño

5

54035A01600092

16

92 a

Fernando Álvarez González

Rústico

997

16,12

C-Labor ou labradío secaño

6

6577012NG1667N

Fernando Álvarez González

Urbano

2716

254,70

2 columnas formigón

1 portal metálico

1 depósito formigón

16 cerca de valo

Solo urbano núcleo rural tradicional