Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 25 de xaneiro de 2018 Páx. 5752

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento e dotación privada en Dorrón, no concello de Sanxenxo, promovido polo Instituto Calasancio de las Hijas de la Divina Pastora (expediente 2017AAE2099; código 1999/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 18 de decembro de 2017 sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para equipamento e dotación privada en Dorrón, no concello de Sanxenxo, promovido polo Instituto Calasancio de las Hijas de la Divina Pastora.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático