De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 18 de setembro de 2017 (DOG núm. 182, do 25 de setembro), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 14 (bombeiro/a forestal) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2018
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso xeral.
|
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
|
Blanco Vallejo, Lucía |
44825348G |
20, 90 |
|
Rego Domínguez, Javier Carlos |
44461254T |
90 |
|
Rolle Fraga, Silvia |
34638684V |
90 |
|
Rúa Pandelo, Manuel |
78797455F |
91 |
|
Código |
Descrición |
|
20 |
Taxas non aboadas |
|
90 |
Non ser persoal laboral fixo |
|
91 |
Non reunir o requisito da antigüidade |


