Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6109

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2018 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 28 de decembro de 2017 da Consellería de Facenda (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro de 2018) e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 17 de xaneiro de 2018 no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.

Conforme o seu resultado, a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2018, empezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra «G».

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda