Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 26 de xaneiro de 2018 Páx. 6177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a contratación da subministración de fabricación de dúas embarcacións patrulleiras para o Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar, financiada pola Unión Europea, Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, nun 70 % (expediente 6/2018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de fabricación de dúas embarcacións patrulleiras para o Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución/entrega: indicado na epígrafe N do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 34500000-2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: indicados na epígrafe M do cadro de características do PCAP.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 1.487.603,30 €. Importe IVE (21 %) 312.396,70 €. Importe total 1.800.000 €.

Valor estimado: 1.487.603,30 €.

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (eixe/medida 3.2.2) nun 70 %.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes I e J do cadro de características do PCAP.

7. Garantía exixida. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas) e 986 24 70 47/986 24 73 06 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no seguinte enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=239858

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 19.2.2018.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación mediante telegrama, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama, no mesmo día, e nun só envío.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: 2 de marzo de 2018, ás 12.00 horas, apertura dos sobres B (oferta económica).

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10.1.2018.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017; DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar