Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a formalización da subministración sucesiva de pack de cataratas para o Servizo de Oftalmoloxía (expediente MS-EIS1-17-019).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: MS-EIS1-17-019.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de pack de cataratas para o Servizo de Oftalmoloxía da Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33140000-3.

e) Acordo marco (se procede): si.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 19 de xullo de 2017, Boletín Oficial del Estado do 13 de xullo e DOUE do 7 de xullo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.575.200,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.073.000,00 euros. Importe total: 1.298.330,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9 de novembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 1 de decembro de 2017.

c) Contratista: Alcón Cusí, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.069.300,00 euros. Importe total: 1.293.853,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela