Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de creación de recursos dixitais a partir das coleccións de prensa histórica custodiadas nas bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia para incrementar a colección de Galiciana, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0070).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: a creación de recursos dixitais que se integrarán na Biblioteca Dixital de Galicia, integrada en Galiciana.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 21.7.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 85.870,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 103.902,70 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9.11.2017.

b) Data de formalización do contrato: 4.12.2017.

c) Contratista: Digibis, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe unitario 0,53 € (IVE excluído), para un total de 162.018 unidades, o que supón un importe global de 85.869,54 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia