Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se notifica o acordo de ampliación de prazo para notificar e resolver o procedemento de resolución de contratos de transporte público regular de uso especial, tramitado co número 35-OU-TE.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Rafael Pérez Vázquez o acordo de ampliación de prazo para notificar e resolver o procedemento de resolución de contratos de transporte público regular de uso especial (núm. 35-OU-TE), devolta polo servicio de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar o acordo, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselle saber que contra o dito acordo de ampliación de prazo non cabe ningún recurso. Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade