Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2018 pola que se notifica a resolución de execución subsidiaria de orde de demolición, derivada do expediente S-2010/017-C.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 24.11.2017, ditou resolución de execución subsidiaria de orde de demolición derivada da resolución do 2.2.2011, que ordenou a Francisco Martínez de la Riva Etcheverría, proceder á restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior á comisión da infracción polas obras realizadas no lugar de Rachabordos, Limodre, termo municipal de Fene (A Coruña), derivadas do expediente S-2010/017-C (SIL/12/2012).

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Francisco Martínez de la Riva Etcheverría, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito, prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes ao acordo de execución subsdiaria, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal o presente acordo é un mero acto de execución. Se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode inerpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da presente notificación ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística