Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6380

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (2753/2017 MCR).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2753/2017 MCR

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 13/2017 Xulgado do Social número 3 de Ourense

Recorrente: Fernando Lara Ruano

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Gamallo, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61

Avogado: Guillermo Amigo Estrada

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2753/2017 MCR desta sala, seguido por instancia de Fernando Lara Ruano contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construciones Gamallo, S.L., Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, nº 61, sobre accidente de grao, foi pronuciada a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante contra a sentenza do 18.4.2017, pronunciada polo Xulgado do Social número 3, en autos 1372017, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguranza social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Gamallo, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza