Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6388

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 396/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 396/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Padín Remuiñan contra a empresa Deus Creaciones, S.L. e outras, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza.

Na Coruña o trinta de outubro de dous mil dezasete

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 396/2017, en que son parte, dun lado como demandante Sonia Padín Remuiñan, representada polo letrado Daniel Pérez López, en virtude de poder que consta nas actuacións, e como demandados Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Confecciones Fraga, S.L. e Perseo Textil, S.L., representadas polo letrado Alberto José García Vilaboy, en virtude de poder que consta nas actuacións; Gaviota Textil XXI, S.L., representada polo letrado José Ramón Villan Cidon; administración concursal de Confección Ideal, S.L., representada pola letrada Cristina Suárez Gestal, en virtude de poder que consta nas actuacións; administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., representada polo letrado Diego Rodríguez Sánchez, en substitución de Juan Carlos Rodríguez Maseda, en virtude de poder exhibido; administración concursal de Plataforma Costurera, representada por José Antonio González Seoane, circunstancia acreditada nas actuacións e que non compareceu ao acto de conciliación e si ao acto de xuízo tal como consta nas actuacións; Vainica Doble, Deus Deluxe, S.L.; Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L.; Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textil, S.L.; Puntada Elaborada, S.L.; administración concursal de Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Costura Invisible, S.L., administración concursal de Deus Creaciones, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L. e o Fogasa non compareceron, sobre despedimento, pronunciou, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza

Decido que, estimando a demanda interposta por Sonia Padín Remuiñan contra as entidades demandadas debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado á demandante e condeno as demandadas Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Creaciones Deus, Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Vainica Doble, S.L. á readmisión inmediata da demandante ou ao aboamento solidario dunha indemnización de 15.187,20 euros máis os salarios de tramitación correspondentes desde a data do cesamento ata a notificación da presente resolución que ascenden a 38,40 euros/día.

Absólvense as restantes entidades e persoas físicas demandadas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Nuevo Siglo Textil XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza