Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2018 Páx. 6466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, do contrato administrativo especial para a explotación do servizo de cafetaría e comedor (expediente 2017-2).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: explotación e xestión da cafetaría e comedor do edificio da EGAP.

c) Prazo de execución: dous (2) anos.

d) Admisión de prórroga: si, por períodos anuais cun máximo de dous (2) anos.

e) CPV: 55330000 e 55300000.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: os referidos no número 10 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Canon de licitación: 500 € ao ano.

5. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas alíneas F e G da folla de especificacións.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: pola contía do 5 % canon ofertado para os dous anos de vixencia do contrato.

7. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral da EGAP.

b) Domicilio: rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 60 44 (consultas administrativas) e 981 54 62 40 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 63 37.

e) Correo electrónico: economico.egap@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=250050

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro da EGAP; poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 63 37).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da EGAP.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

c) As datas e horas publicaranse no perfil do contratante.

d) Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 9.11.2017; DOG. núm. 220, do 20 de novembro)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública