Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6749

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 556/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 556/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Solar Lavandeira contra Meco Solar 5, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Sentenza: 601/2017

Procedemento ordinario 556/2016

Sobre: ordinario

Demandante: Javier Solar Lavandeira

Graduado social: Pablo Castro Wagner

Demandados: Fogasa, Meco Solar 5, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa,

En Santiago de Compostela o 18 de decembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como procedemento ordinario (en materia de reclamación de cantidades, concretamente reclamación de conceptos salariais) baixo o número 556/2016, en que é parte demandante Javier Solar Lavandeira, asistido polo letrado Sr. Castro Wagner, e son partes codemandadas a mercantil Meco Solar 5, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome da súa maxestade o rei, dito a presente con base nos seguintes

Decido que debo estimar parcialmente e estimo parcialmente (por desestimarse a petición da devindicación do 10 % do xuro anual por demora no pagamento ex artigo 29.3 do ET xa que do principal non pagado deben extraerse para o cálculo do citado xuro os conceptos que non son salariais –que son, o complemento de transporte, a indemnización IRPF (este concepto nalgunha das mensualidades das agora reclamadas, dito sexa de paso), as axudas de custo, a media axuda de custo e os gastos nóm.–; e por desestimarse tamén a condena en custas á parte codemandada) a demanda presentada por Javier Solar Lavandeira, asistido polo letrado Sr. Castro Wagner, fronte á mercantil Meco Solar 5, S.L. e ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar ao traballador demandante a cantidade de 4.142,48 euros en concepto de nóminas devindicadas e impagadas desde o mes de abril de 2015 ao mes de xuño de 2015 e a diferenza salarial entre o devindicado e o aboado no mes de xullo de 2015 (segundo a desagregación detallada do feito probado terceiro da presente) máis o xuro do 10 % sobre o case do principal agora debido por demora no pagamento de salario ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores en relación coa definición do artigo 26 do mesmo Estatuto dos traballadores, debendo subtraer para o cálculo do principal as cantidades que procedan e calcule o traballador en ulterior fase de execución de sentenza relativas aos conceptos seguintes: o complemento de transporte, a indemnización IRPF (este concepto nalgunha das mensualidades das agora reclamadas, dito sexa de paso), as axudas de custo, a media axuda de custo e os gastos nóm.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade legal que alcance ao Fondo de Garantía Salarial.

Que non procede efectuar pronunciamento ningún en materia de condena ao pagamento das custas causadas nesta instancia.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación que se presentará no prazo de cinco días hábiles a partir do seguinte ao de notificación da presente, de acordo co sensu contrario do disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social, dentro dos límites exixidos polo artigo 190 da LRXS, os seguintes e os concordantes do mesmo texto legal e logo de consignación legalmente fixada na conta de depósitos deste xulgado habilitada para tal efecto.

Así, por esta miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta»

E para que sirva de notificación en legal forma a Meco Solar 5, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza