Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6744

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 561/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 561/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua MC Mutual contra Sanespixo, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre Seguridade Social, ditouse a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Patricia López Arranz.

A Coruña, 20 de decembro de 2017.

Feitos.

Primeiro. Ante este xulgado séguense autos do procedemento número 561/17 que concluíron por sentenza ditada o 18 de outubro de 2017.

Segundo. A parte demandante presentou escrito solicitando aclaración da resolución. Admitido a trámite, puxéronse os autos á disposición da súa señoría para resolver.

Parte dispositiva.

Estímase a solicitude de aclaración e corríxese o ditame da sentenza no sentido de declarar a responsabilidade subsidiaria do INSS e da TXSS en caso de insolvencia empresarial por importe de 3.134,33 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndoos saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sanespixo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza