Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6736

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 136/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 136/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Pérez García contra Naval Metalúrgica Donis, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de novembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento 136/2017 de despedimento por instancia de José Carlos Pérez García, representado polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra Naval Metalúrgica Donis, S.L. e Fogasa, non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade co seguinte,

Parte dispositiva:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Carlos Pérez García contra Naval Metalúrgica Donis, S.L. e declaro improcedente o despedimento do demandante e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación deste coa empresa demandada, con efectos a data da presente resolución, condenando a empresa aterse a esta declaración e a aboar ao demandante unha indemnización de 3.358,99 euros e salarios de trámite por importe de 26.546,18 euros.

Condénase a Naval Metalúrgica Donis, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 2.472,71 euros en concepto de salarios.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Naval Metalúrgica Donis, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza