Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6723

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 488/2017).

A Coruña, 17 de novembro de 2017.

Eu, Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 488/2017 sendo parte nel, dun lado, como demandante, María José Fuentes Martínez, representada pola letrada Cristina Gómez Lozano, e como demandados Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi S.L., Puntada Elaborada, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Perseo Textil, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., que non comparecen, con intervención procesual de administración concursal Confección Ideal, S.L., representada pola economista Ana Barreiro Martínez, administración concursal Confecciones Deus, S.L., administración concursal Deus Creaciones, S.L., administración concursal Costura Invisible, S.L., administración concursal Confecciones Fraga, S.L., administración concursal Plataforma Costurera, S.L., administración concursal Shivshi, S.L., administración concursal Gaviota Textil XXI, S.L., e Fogasa, que non comparecen, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

«Parte resolutiva:

Que, estimando a demanda interposta por María José Fuentes Martínez contra as entidades demandadas debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuada á demandada, condenando as demandadas Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Creaciones Deus, Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S. L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L. e Vainica Doble, S.L. á readmisión inmediata da demandante ou ao aboamento solidario dunha indemnización de 6.706,23 € máis os salarios de tramitación correspondentes desde a data do cesamento ata a notificación da presente resolución que ascenden a 35,87 €/día.

Absólvense as restantes entidades e persoas físicas demandadas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir dea notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta mi sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Bendita Costura, S.L., Deus Deluxe, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Pedracapela, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Perseo Textil, S.L., Confección Ideal, S.L., Plataforma Costurera, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza