Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2018 Páx. 6814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de técnico medio de xestión para a Área de Urbanismo.

Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Vilalba, celebrada o día 15 de xaneiro de 2018, aprobáronse as bases de selección e convocatoria dunha praza de técnico medio de xestión para a cobertura temporal, mediante personal laboral, ligada á Área de Urbanismo e a conformación dunha bolsa de emprego.

O prazo de presentación de instancias é de cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da última publicación da convocatoria nos seguintes medios: Portal de transparencia, taboleiro de anuncios do Concello de Vilalba, Boletín Oficial da provincia de Lugo, Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poderán consultar as bases no taboleiro de anuncios da casa do concello e na páxina web do Concello de Vilalba (http://vilalba.sedelectronica.es).

Vilalba, 23 de xaneiro de 2018

Agustín Baamonde Díaz
Alcalde