Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017078TA-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 6 de novembro de 2017, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 2017078TA-OU, incoado a Miguel José Ferreira Vieira, DNI 45164462Y, con enderezo na rúa Murillo, 36-2º, 32002 Ourense.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle a Miguel José Ferreira Vieira, DNI 45164462Y, o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na alínea a) do artigo 53.1. da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado desde a data da publicación, e realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderase facer no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 8 de xaneiro de 2018

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2017078TA-OU.

Interesado: Miguel José Ferreira Vieira.

DNI/NIF/CIF: DNI 45164462Y.

Último enderezo coñecido: rúa Murillo, 36-2º, 32002 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010.

Artigo 7.w). Artigo 19.2.a).

Sanción proposta: trinta euros (30 €).