Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7019

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos Premios Galicia Parabéns e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019.

Unha das marcas de identidade de Galicia é o seu patrimonio natural. Na mente dos nosos potenciais visitantes debúxase un territorio que aínda conserva gran parte do valor da súa natureza autóctona. A nosa paisaxe é un recurso turístico de primeira magnitude, máis, pola súa fraxilidade, precisa do compromiso social e institucional para a súa salvagarda, xestión e mellora. Xa que logo, este patrimonio exixe unha «posta en valor» que contribúa a mellorar a imaxe da nosa Comunidade.

Por outra banda, os núcleos poboacionais de Galicia configuran un asentamento da poboación labrado ao longo dos séculos, orixinal e exclusivo, que forma parte dos nosos sinais de identidade máis sobranceiros.

Outro feito diferencial de enorme trascendencia turística para a nosa Comunidade é o Camiño de Santiago. Este itinerario secular está na orixe dunha cultura común europea baseada no intercambio de ideas, de correntes artísticas e dinámicas sociais que vertebraron unha conciencia europea, ata o punto de poder afirmarse que Europa se conformou coas peregrinacións a Santiago de Compostela.

Cómpre, por tanto, que estes tres elementos identitarios de Galicia sexan merecedores dunha política turística que apoie actuacións que promovan a súa revalorización, a súa calidade estética e a súa integración paisaxística e urbana.

Os Premios Galicia Parabéns persiguen tres finalidades; por unha banda, distinguir as mellores iniciativas xa realizadas de embelecemento do noso territorio, por outra, financiar novos proxectos que complementen as obras levadas a cabo, e finalmente, impulsar novas propostas de actuacións que teñan esta mesma orientación.

A mellora das fachadas urbanas do litoral, a utilización de materiais construtivos respectuosos coas arquitecturas tradicionais galegas, o adecuado remate das edificacións, a retirada ou demolición de estruturas construtivas inacabadas ou que deterioran os escenarios paisaxísticos e urbanos, o recebo, pintado e correcto retellado de casas, pendellos, almacéns, fábricas, etc., son exemplos de pequenas intervencións que embelecen e poden ir recuperando a fisionomía tradicional das paisaxes de Galicia.

Ano tras ano, estes premios axudarán a poñer en valor o noso territorio e a fomentar un sentimento de orgullo dos propios galegos polas obras ben realizadas.

Aínda recoñecendo que as cidades principais de Galicia están a levar a cabo nos últimos anos brillantes actuacións de revalorización e embelecemento das súas zonas urbanas, resulta imprescindible tamén que estas intervencións se leven a cabo nos concellos rurais. Por outra banda, as paisaxes rurais de Galicia conforman un dos nosos principais rasgos de identidade. Tendo en conta que os recursos económicos dunha grande parte dos concellos de Galicia son escasos, cómpre que as políticas públicas prioricen os investimentos de recuperación paisaxística e urbana nos contornos rurais. Con esta pretensión os Premios Galicia Parabéns non se destinarán a financiar proxectos de intervención que se desenvolvan no ámbito das sete cidades principais de Galicia.

De conformidade co disposto polo artigo 1 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos, esta configúrase como axencia pública autonómica co obxectivo de impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e ordenación do turismo dentro da Comunidade e tamén da conservación e promoción dos Camiños de Santiago.

En consecuencia, e con cargo aos créditos da Axencia Turismo de Galicia asignados para esta finalidade, e todo isto consonte o establecido sobre medidas de fomento no artigo 94 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, en concordancia co sinalado no artigo 95 da dita lei e tendo en conta o determinado na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da devandita lei, o Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, e de conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras

1. Convócanse os Premios Galicia Parabéns co obxecto de distinguir as iniciativas públicas destinadas a conservar, mellorar e embelecer as paisaxes, os núcleos poboacionais e os Camiños de Santiago dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2018 e 2019.

Os seus principais obxectivos son:

– Avanzar na mellora da paisaxe de Galicia e da integración harmónica dos seus elementos arquitectónicos, en particular nos itinerarios dos distintos Camiños de Santiago e nos núcleos poboacionais de singular interese.

– Aumentar a sensibilidade cidadá en relación coa relevancia dos valores da paisaxe e da calidade estética das construcións insertas nela.

– Fomentar a colaboración cidadá en coordinación coas administracións públicas.

2. Así mesmo, apróbanse as bases reguladoras que rexerán a concesión dos premios Galicia Parabéns, para os anos 2018 e 2019 (anexo I).

Segundo. Categorías

1. Os Premios Galicia Parabéns constarán de dúas categorías:

– 1ª categoría:

Destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións realizadas nos últimos dez anos para conseguir unha mellora da paisaxe, unha integración axeitada desta de elementos antrópicos (arquitecturas, estradas, industrias, canteiras...), ou da propia mellora estética dos núcleos poboacionais. Así mesmo, inclúense nesta categoría as iniciativas ou actuacións de embelecemento realizadas na colindancia das rutas dos Camiños de Santiago.

Para a categoría primeira existirán dúas opcións:

No caso de que as obras realizadas anteriormente precisen dunha nova fase de intervención, presentarase un proxecto que continúe, amplíe ou remate esas actuacións. No caso de que as obras se atopen finalizadas no momento de presentar a solicitude, poderá presentarse un novo proxecto complementario na mesma liña de actuación.

– 2ª categoría:

Destinada a premiar novos proxectos dirixidos á realización de obras de revalorización e embelecemento, tanto para promover unha mellora da paisaxe como para intervencións nos núcleos poboacionais ou nos lindes dos Camiños de Santiago.

Nesta segunda categoría será obrigatorio executar un proxecto de nova intervención.

2. A dotación económica dos devanditos premios será:

– Para a primeira categoría establécese un premio de 400.000 euros.

– Para a segunda categoría establécese un premio de 400.000 euros.

3. A dotación económica destes premios estará destinada a sufragar os gastos das obras de execución de novas intervencións, que se levarán a cabo, como máximo, en dúas anualidades 2018 e 2019.

Terceiro. Financiamento e concorrencia

1. A convocatoria realízase con cargo ás aplicacións orzamentarias previstas nos orzamentos de gastos da Axencia Turismo de Galicia para os anos 2018 e 2019, segundo se establece no artigo 26 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e coa desagregación establecida no artigo 2 das bases reguladoras.

2. A concesión dos premios realizarase mediante o procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os premios regulados ao abeiro desta resolución son compatibles con outras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou de entidades públicas ou privadas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais. En ningún caso, o importe do premio concedido máis o importe doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos poderá ser superior ao custo das obras de execución das intervencións premiadas.

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e segundo se establece no artigo 4 das bases reguladoras.

Quinto. Prazo de duración do procedemento de concesión

1. Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

2. O prazo máximo para ditar e notificarlles aos/as interesados/as a resolución expresa será de 5 meses. Transcorrido o devandito prazo sen que se notifique a resolución expresa, entenderanse desestimadas as solicitudes por silencio administrativo.

Sexto. Información ás persoas interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Turismo de Galicia, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial de Turismo de Galicia: http://www.turismo.gal

b) O teléfono 981 54 74 04 e 981 54 63 64 e no fax 981 54 63 71 da devandita Axencia.

c) Presencialmente.

d) Na sede electrónica no enderezo: https://sede.xunta.es

Séptimo. Réxime de recursos

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018

María Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO I
Bases reguladoras dos Premios Galicia Parabéns

Artigo 1. Obxecto e réxime

1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos Premios Galicia Parabéns como un recoñecemento institucional e social ás iniciativas destinadas a conservar, mellorar e embelecer as paisaxes, os núcleos poboacionais e os Camiños de Santiago dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (TU201A).

2. Os Premios Galicia Parabéns constarán das seguintes categorías:

– 1ª categoría:

Destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións realizadas –nos últimos dez anos- para conseguir unha mellora da paisaxe, unha integración axeitada nesta de elementos antrópicos (arquitecturas, estradas, industrias, canteiras...), ou da propia mellora estética dos núcleos poboacionais. Así mesmo, inclúense nesta categoría as iniciativas ou actuacións de embelecemento realizadas nos lindes a rutas dos Camiños de Santiago.

– 2ª categoría:

Destinada a premiar os mellores proxectos dirixidos á realización de obras de revalorización e embelecemento, tanto para promover unha mellora da paisaxe como para intervencións nos núcleos poboacionais ou nos lindes dos Camiños de Santiago.

3. Outorgarase un premio en cada unha das dúas categorías establecidas no número anterior, cuxa dotación económica será:

– Para a primeira categoría establécese un premio de 400.000 euros.

– Para a segunda categoría establécese un premio de 400.000 euros.

4. Os premios quedarán desertos cando a iniciativa non acade unha puntuación mínima de 50 puntos, de conformidade co disposto no artigo 10 destas bases.

Así mesmo, o xurado poderá outorgar unha ou varias mencións especiais a algúns dos proxectos ou iniciativas participantes, que non terán dotación económica.

5. Os/as premiados/as recibirán un diploma ademais da dotación económica do premio. O diploma entregaráselles nun acto público, e o pagamento realizarase segundo o disposto no artigo 14.4.

6. O procedemento para a concesión dos premios será tramitado no réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consonte os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non-discriminación.

7. Co fin de cumprir co principio de concorrencia sinalado no parágrafo anterior, as candidaturas serán examinadas por un xurado, que terá carácter de comisión avaliadora e que se axustará aos principios contidos na sección 3ª, capítulo I, título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Artigo 2. Financiamento e compatibilidade

1. Os premios previstos nestas bases imputaranse á aplicación orzamentaria
04.A2 761A 760.0, proxecto 2017 00004, dos orzamentos da Axencia Turismo de Galicia para as anualidades 2018 e 2019. A distribución para cada anualidade, e para ambas as categorías é a seguinte:

Anualidade 2018: 200.000 euros.

Anualidade 2019: 600.000 euros.

2. A modificación da distribución establecida no punto anterior requerirá a tramitación do correspondente reaxuste de anualidades no expediente de gasto, segundo se establece nos artigos 26 e 27 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

3. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, e existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2018.

Así mesmo, estará sometida ao regulado na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da mesma consellería do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Ao abeiro desta normativa, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

4. Os premios regulados ao abeiro desta resolución son compatibles con outras subvencións e axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou de entidades públicas ou privadas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais. En ningún caso, o importe do premio concedido máis o importe doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos poderá ser superior o custo das obras de execución das intervencións premiadas.

Artigo 3. Beneficiarios/as

1. Poderán participar nesta convocatoria, segundo as categorías que se establecen no artigo anterior, os concellos, as agrupacións de concellos de Galicia, mancomunidades de concellos de Galicia e os consorcios locais galegos.

Para os efectos desta resolución, considérase agrupación de concellos aquela candidatura subscrita por dous ou máis concellos, e deberá observarse o disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os concellos non poderán solicitar o premio en máis dunha candidatura. A infracción deste punto dará lugar á non admisión de todas as candidaturas de que formen parte.

Non poderán participar nesta convocatoria as setes grandes cidades galegas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela, e as entidades locais en que están integradas.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable das entidades solicitantes, no caso de agrupación de concellos deberá presentarse a declaración por cada un dos concellos agrupados.

3. Os concellos, así como as agrupacións e resto de entidades locais do punto 1 deberán cumprir o requisito de teren remitidas ao Consello de Contas de Galicia as contas xerais de cada exercicio. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de participación, e a súa falta de acreditación por parte dalgún dos participantes na candidatura supoñerá a inadmisión desta. No caso de agrupacións de concellos este requisito deberá ser acreditado por cada un dos concellos integrantes da agrupación.

4. Non se admitirán as solicitudes presentadas por consorcios locais dos cales forme parte a Xunta de Galicia e financie, en todo ou en parte, os seus gastos de funcionamento.

5. Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes do remate do prazo de presentación das solicitudes.

Artigo 4. Solicitudes e documentación que hai que presentar

1. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

3. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

4. Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

5. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.

6. O prazo de presentación de candidaturas será de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

7. As solicitudes deberán axustarse ao modelo normalizado que se inclúe no anexo II desta resolución, e serán subscritas polo órgano competente do concello, da entidade local supramunicipal ou da agrupación de concellos.

No caso de presentarse a solicitude por unha agrupación de concellos, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, deberán facerse constar naquela os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación.

Así mesmo, e para os efectos das declaracións contidas na solicitude, no caso das agrupacións de concellos, estas declaracións emitiranse con base nas emitidas polos respectivos representantes de cada un dos concellos que a integran. Estas declaracións orixinais deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.

As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

7.1. Documentación administrativa:

a) Certificación da secretaría do concello, da mancomunidade, consorcio ou área metropolitana acreditando que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, de acordo co estipulado no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

b) Certificación do/da secretario/a da entidade local en que conste o acordo da entidade local polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos que se pretenden executar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta resolución, así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.

Este acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación das solicitudes. O incumprimento destes requisitos constituirá causa de inadmisión da solicitude.

c) No caso de agrupación de concellos, instrumento xurídico que regule a agrupación e a xestión dos servizos que deberá incluír, en todo caso, os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles e a designación do/da alcalde/alcaldesa que actuará como representante da agrupación. A este representante corresponderalle asinar a solicitude e con el efectuaranse todas as actuacións a que o procedemento dea lugar.

Así mesmo, achegarase unha certificación emitida pola secretaría do concello representante, na cal se faga constar, con base nos acordos adoptados polos órganos competentes de cada un dos concellos agrupados e/ou nas certificacións emitidas polos/as secretarios/as dos concellos integrantes da agrupación:

– Que todos os concellos integrantes da agrupación adoptaron o acordo polo cal se solicita a subvención para as obras ou equipamentos que se pretenden executar e se aceptan as condicións de financiamento e demais requisitos establecidos nesta resolución así como o compromiso de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude.

– O nomeamento do/da alcalde/alcaldesa representante con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade beneficiaria corresponden á agrupación, e que actuará como coordinador/a, interlocutor/a e perceptor/a da subvención.

– Que todos os concellos participantes na solicitude remitiron as contas do concello ao Consello de Contas de Galicia. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas ao Consello de Contas de Galicia se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

Os acordos deberán estar adoptados e as contas remitidas antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes. O incumprimento destes requisitos ou a falta da referencia expresa ao contido determinado nos números anteriores, aínda que afecte unha soa das entidades agrupadas, determinará a inadmisión da solicitude.

d) No caso de que se trate dunha mancomunidade, consorcio ou área metropolitana deberá presentarse o instrumento xurídico acreditativo da súa constitución.

e) Se é o caso, instrumento xurídico polo que as administracións locais promovan políticas urbanísticas destinadas a mellorar, conservar e recuperar a súa calidade paisaxística e ambiental.

f) Se é o caso, acreditación dos soportes de promoción turística en relación co espazo xeográfico onde se realizou ou se vai a realizar a intervención, promovidos polo propio concello ou outras administracións públicas distintas da Axencia Turismo de Galicia.

g) Certificación do/da secretario/a relativa á suma dos capítulos de gasto de capital do concello vixentes no ano 2018. No caso de agrupacións deberá expedila o/a secretario/a do concello representante unha certificación acreditativa da media dos gastos de capital dos concellos agrupados, que se emitirá con base nas certificacións que deberán expedir os/as secretarios/as dos concellos agrupados.

7.2. Documentación técnica:

– Categoría primeira:

a) Memoria das actuacións ou iniciativas executadas, na cal se detallarán as obras realizadas co maior grao de concreción posible, de xeito que se facilite a súa valoración (concepto da integración paisaxística pretendida, xustificación da elección dos materiais empregados, planos e fotografías do estado inicial e do estado final, orzamentos, etc.).

b) Proxecto técnico, asinado por técnico competente, destinado a complementar ou finalizar as obras xa executadas. En caso de que estas non precisasen de continuación ou remate, o solicitante presentará un novo proxecto complementario na liña do recollido nesta resolución. Nel incluiranse os planos necesarios para a correcta identificación e delimitación das obras propostas, orzamentos, materiais que se van empregar, fotografías do estado actual e recreación virtual da transformación que se pretende.

Este proxecto técnico presentarase en soporte papel para facilitar a súa valoración polo xurado.

c) Cronograma de execución da actuación que se vai realizar, así como a súa distribución nas anualidades 2018 e 2019.

– Categoría segunda:

a) Proxecto de intervención para obras novas, asinado por técnico competente. Nel incluiranse os planos necesarios para a correcta identificación e delimitación das obras propostas, orzamentos, materiais que se van empregar, fotografías do estado actual e recreación virtual da transformación que se pretende.

Este proxecto técnico presentarase en soporte papel para facilitar a súa valoración polo xurado.

b) Cronograma de execución da actuación que se vai realizar, así como a súa distribución nas anualidades 2018 e 2019.

8. O defecto na solicitude seralles notificado aos/ás interesados/as e daráselles un prazo de dez días hábiles para emendaren os erros ou omisións. No requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución que deberá ditarse consonte o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do establecido no punto anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

9. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria achegaranse ao xurado encargado da súa valoración, de acordo co establecido nestas bases.

10. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

Artigo 5. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. Coas solicitudes das persoas interesadas deberán achegarse os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. De conformidade co disposto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Axencia Turismo de Galicia publicará na súa páxina web, ademais da información que se debe facer pública segundo a normativa básica en materia de transparencia (importe, obxectivo ou finalidade e beneficiarios), o texto íntegro da convocatoria das axudas ou subvencións e as concesións das devanditas axudas ou subvencións. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

4. En cumprimento do disposto no artigos 18 e 20.8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

Artigo 6. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia Turismo de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Axencia Turismo de Galicia, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia) Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a xerencia.turismo@xunta.gal

Artigo 7. Gastos subvencionables e subcontratación

1. Teñen a consideración de gastos subvencionables, que terán que ser xustificados por parte dos/das premiados/as de conformidade co disposto nestas bases reguladoras, os seguintes:

– Os gastos de realización do proxecto premiado.

– Custos xerais asociados aos investimentos que se efectuen, tales como honorarios de redacción de proxectos, enxeñeiros e asesores, así como estudos de viabilidade, gastos xerais e beneficio industrial. O importe total dos custos xerais non poderá superar o 20 % do gasto subvencionable.

– A adquisición de terreos ou edificacións estritamente necesarios para poder levar a cabo o citado proxecto.

Así mesmo, serán subvencionables os gastos financeiros, de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais e os gastos periciais para a realización do proxecto subvencionado e os de administración específicos, sempre que, en todos os casos, estean directamente relacionados coa actividade subvencionada e sexan indispensables para a súa axeitada preparación ou execución dela.

Os tributos tamén serán gastos subvencionables cando as persoas premiadas os paguen efectivamente, non obstante, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos personais sobre a renda.

2. Os/as premiados/as poderán subcontratar o 100 % da actividade subvencionada, nos termos establecidos no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 8. Órganos competentes

1. A Xerencia é o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión destes premios e das mencións especiais referidas nesta resolución. A devandita instrución rematará coa proposta de resolución que se elevará á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

2. Corresponderalle á persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia ditar a resolución de concesión dos premios con indicación do nome do/da premiado/a e a contía que lles corresponde, e conceder as mencións especiais que procedan.

Artigo 9. Xurado

1. Os premios serán outorgados por proposta dun xurado presidido pola persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, que terá a consideración de Comisión de Valoración e estará integrado por:

a) Un/unha representante da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

b) Un/unha representante da Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Un/unha representante da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

d) Un/unha representante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

e) Un/unha representante do Instituto de Estudos do Territorio.

f) Dous técnicos da Dirección de Promoción da Axencia Turismo de Galicia.

g) Un/unha representante do Colexio de Arquitectos de Galicia.

h) A persoa titular da Secretaría de Coordinación Económica e Administrativa, que actuará como secretaria.

2. Os/as suplentes, se é o caso, serán designados/as pola persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia.

3. As decisións do xurado especificarán a avaliación que corresponde a cada un dos proxectos presentados á convocatoria, en aplicación dos criterios previstos no artigo seguinte.

En cada unha das categorías establecidas nestas bases, os premios poderán outorgarse de xeito individual, ou declararse desertos.

O xurado proporá, ademais, as mencións especiais correspondentes, se é o caso.

Artigo 10. Criterios de valoración

1. Os criterios que se empregarán para a valoración das candidaturas serán, cun máximo de 100 puntos, os seguintes:

– Para a 1ª categoría, e en relación á valoración das obras xa realizadas, serán os seguintes (ata un máximo de 60 puntos):

a) Relevancia turística do espazo xeográfico onde se realizou a intervención. Para valorar este criterio terase en conta a súa presenza nos soportes de promoción turística (folletos, páxina web, stands en feiras, campañas, presentacións, etc.) elaborados pola Axencia Turismo de Galicia, ou noutros promovidos polo propio concello ou outras administracións públicas. Ata 20 puntos.

b) Iniciativas que se levaron a cabo no ámbito territorial de administracións locais comprometidas con políticas urbanísticas destinadas a mellorar, conservar e recuperar a súa calidade paisaxística e ambiental, por teren normas aprobadas ao respecto a través do correspondente instrumento xurídico (ordenanza, plan...). Ata 10 puntos.

c) Utilización de materiais construtivos tradicionais que harmonicen coa contorna. Valorarase o uso de recubrimentos feitos en pedra, madeira, recebos de cores naturais, etc. que consigan unha integración cromática e natural co medio en que se insertan. Ata 10 puntos.

d) Mellora estética na paisaxe que acade a obra realizada. Valorarase a minimización do impacto visual, a integración cromática e harmónica da obra realizada. Valorarase a situación dentro de espazos que presenten algunha das declaracións de protección sinaladas na Lei 9/2001, de conservación da natureza de Galicia. Ata 20 puntos.

En relación co proxecto de novas obras que se van realizar, serán (ata un máximo de 40 puntos):

a. Proxecto de continuación, remate ou ampliación das obras xa realizadas ou dun novo proxecto de embelecemento. Farase unha avaliación conforme os criterios sinalados anteriormente para as obras xa executadas. Ata 35 puntos.

b. Repercusión do orzamento do proxecto con respecto aos orzamentos municipais: outorgaráselle a puntuación máxima de 5 puntos á solicitude cuxo investimento represente a maior porcentaxe sobre a suma dos capítulos de gasto de capital do concello, valorándose de forma proporcional o resto.

No caso de que a solicitude sexa presentada por unha agrupación de concellos, o orzamento municipal que se vai ter en conta, a efectos deste criteiro, será a media dos orzamentos municipais dos concellos agrupados.

– Para a 2ª categoría:

a) Relevancia turística do espazo xeográfico onde vai realizar a intervención. Para valorar este criterio terase en conta a súa presenza nos soportes de promoción turística (folletos, páxina web, stands en feiras, campañas, presentacións, etc.) desenvolvidos pola Axencia Turismo de Galicia. Ata 30 puntos.

b) Iniciativas que se levaron a cabo no ámbito territorial de administracións locais comprometidas con políticas urbanísticas destinadas a mellorar, conservar e recuperar a súa calidade paisaxística e ambiental, por teren normas aprobadas ao respecto a través do correspondente instrumento xurídico (ordenanza, plan...). Ata 10 puntos.

c) Utilización de materiais construtivos tradicionais que harmonicen coa contorna. Valorarase o uso de recubrimentos feitos en pedra, madeira, recebos de cores naturais, etc. que alcancen unha integración cromática e natural co medio en que se insertan. Ata 20 puntos.

d) Mellora estética na paisaxe que acade a obra que se vai realizar. Valorarase a minimización do impacto visual, a integración cromática e harmónica da obra realizada. Adicionalmente, valorarase a situación dentro de espazos que presenten algunha das declaracións de protección sinaladas na Lei 9/2001, de conservación da natureza de Galicia. Ata 10 puntos.

e) Repercusión do orzamento do proxecto con respecto aos orzamentos municipais: outorgaráselle a puntuación máxima de 10 puntos á solicitude cuxo investimento represente a maior porcentaxe sobre a suma dos capítulos de gasto de capital do concello e 0 puntos á que teña a menor porcentaxe, valorándose de forma proporcional o resto.

No caso de que a solicitude sexa presentada por unha agrupación de concellos, o orzamento municipal para ter en conta, para os efectos deste criteiro, será a media dos orzamentos municipais dos concellos agrupados.

f) Avaliación xeral do proxecto das obras novas que se van realizar. Valoráranse diferentes aspectos do proxecto, como a súa calidade técnica, orixinalidade, grao de precisión dos documentos, etc. Ata 20 puntos.

O premio declararase deserto en calquera das categorías cando a actuación non acade un mínimo de 50 puntos.

Artigo 11. Resolución e notificación

1. Á vista da deliberación do xurado, contida na acta da sesión en que se concrete a súa avaliación para o outorgamento dos premios, a Xerencia da Axencia Turismo de Galicia elevará proposta de resolución á persoa titular da Dirección da Axencia, quen, á vista da proposta motivada, ditará resolución.

Na dita proposta e de acordo coa deliberación do xurado, poderán recollerse observacións que melloren ou completen as actuacións programadas que serán de obrigado cumprimento pola entidade interesada.

En todo caso, tanto a proposta de resolución como a resolución especificarán as intervencións que se financian, segundo se estableza na correspondente convocatoria.

2. A concesión dos premios e das mencións especiais será publicada no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Turismo de Galicia http://www.turismo.gal e notificaráselle aos premiados e, de for o caso, aos/ás distinguidos/as coa mención especial.

3. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

7. O prazo máximo para ditar e notificar aos/ás interesados/as a resolución será de 5 meses. Transcorrido o citado prazo sen que se notifique a resolución expresa lexitima os/as interesados/as para entender desestimada a súa candidatura por silencio administrativo, de conformidade co disposto no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Os/as premiados/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, para comunicaren a aceptación do premio e das condicións contidas na resolución. Transcorrido o referido prazo sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptado e, desde ese momento, a entidade ou persoa premiada adquire a condición de beneficiario/a.

A renuncia ao premio poderase facer axustándose ao modelo que se inclúe como anexo IV, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, a persoa titular da Dirección da Axencia ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da citada lei.

9. A entrega dos premios realizarase nun acto público, no lugar e na data que se determinarán oportunamente.

Artigo 12. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, o/a premiado/a poderá solicitar, segundo se establece no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, a modificación do seu contido antes de que remate o prazo para a realización das actuacións.

2. A modificación poderase autorizar sempre que non dane dereitos de terceiros. En todo caso, a modificación da resolución de concesión deberá respectar o obxecto da iniciativa premiada e non dar lugar a intervencións deficientes e incompletas.

3. Xunto coa solicitude, a entidade deberá presentar: memoria xustificativa, orzamento modificado e relación e identificación concreta dos cambios introducidos, así como, se é caso, novo cronograma adaptado á modificación solicitada.

4. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Turismo de Galicia, logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao/á interesado/a nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Cando o/a premiado/a da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a súa concesión, que non alteren esencialmente a natureza ou os seus obxectivos, e que puidesen dar lugar a modificación da resolución conforme o establecido no artigo 14.1.m) da Lei de subvencións de Galicia, téndose omitido o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros.

6. Cando a modificación implique un reaxuste de anualidades, observarase o disposto nos artigos 26 e 27 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 13. Obrigas dos beneficiarios dos premios económicos

1. Os/as premiados/as adquiren os seguintes compromisos e obrigas, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable:

a) Cumprir o obxectivo e realizar o proxecto premiado, de conformidade coa solicitude presentada e, se é o caso, co modificado coa autorización da Axencia Turismo de Galicia.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión do premio.

c) Manter o investimento durante un período non inferior a cinco anos, cando se trate de bens inscritibles nun rexistro público e non inferior a 2 anos para o resto de bens, de conformidade co disposto no artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará a Axencia Turismo de Galicia, ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coas subvencións e axudas concedidas, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

e) Acreditación con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma, que poderá substituírse pola presentación dunha declaración responsable, sendo necesario no caso de agrupacións de concellos unha declaración por cada un dos concellos agrupados.

f) Comunicarlle á Axencia Turismo de Galicia a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. Estas comunicacións deberanse efectuar tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. No caso de agrupacións de concellos, todos os integrados na candidatura presentarán cadansúa declaración.

g) Os/as premiados/as deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En concreto, os/as premiados/as deberán facer constar na súa publicidade, incluída a realizada a través de páxinas web, ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o financiamento dos seus proxectos pola Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, e deberán colocar nun lugar de fácil visibilidade da obra realizada unha placa coa referencia do Premio Galicia Parabéns, cuxo deseño e características serán acordadas pola Axencia Turismo de Galicia.

Os/as premiados/as colocarán nun lugar visible para o público un cartel ou placa permanente de tamaño significativo no prazo de tres meses a partir da conclusión do proxecto premiado, no que se indicará que o proxecto obstenta o Premio Galicia Parabéns.

Os/as premiados/as deberán incluír, nas súas accións promocionais, a marca turística de Galicia. De ser o caso, na páxina web deberá inserir un banner cunha ligazón á páxina de promoción turística de Galicia. Nos folletos e outras publicacións deberá incluír na contraportada a marca turística, seguindo as indicacións do manual de uso. Para a aplicación correcta da marca deberán descargar de http://www.turismo.gal/marca01 os arquivos informáticos cos elementos gráficos en calidade e formatos axeitados así como as indicacións do uso. Así mesmo, incluírase o distintivo dos Premios Galicia Parabéns.

Este distintivo pode descargarse no seguinte enlace:

http://www.turismo.gal/docs/mdaw/mza3/~edisp/turga307283.pdf

Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta do/da premiado/a.

h) Os beneficiarios quedan obrigados a reintegrar, total ou parcialmente, o importe percibido pola subvención concedida, así como os correspondentes xuros de demora devindicados desde o momento do pagamento, nos seguintes casos:

– Por incumprimento dos compromisos e obrigas relacionados neste artigo.

– Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, con falsificación das condicións requiridas para isto ou ocultación daquelas que o impedisen.

– Incumprimento total ou parcial do obxectivo da actividade, do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentou a subvención.

– Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando disto derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo ou a concorrencia con outras axudas para a mesma finalidade percibidas de calquera Administración ou ente público ou privado.

– Nos demais supostos previstos na normativa reguladora da subvención.

i) En todo caso é de obrigado cumprimento por parte da entidade beneficiaria do Real decreto lexislativo 3/2011, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e da necesidade de atender aos procedementos de adxudicación previstos neste cando se superen as contías previstas para os contratos menores; neste caso, o procedemento de adxudicación suporá un sistema axeitado de avaliación de custos nos termos previstos no punto anterior, excluíndo a necesidade de presentar tres ofertas.

j) Os proxectos que se subvencionen terán que cumprir o disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, e as normas regulamentarias de desenvolvemento.

Artigo 14. Xustificación das actuacións e pagamento

1. Os/as premiados/as terán que presentar, nos lugares sinalados na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a solicitude de cobramento asinada segundo o modelo do anexo V, xunto cos orixinais ou copias cotexadas da documentación que a seguir se indica:

a) Conta xustificativa conforme os artigos 8 e 10 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, que incorporará:

1º. En todo caso, a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida.

2º. Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/alcaldesa, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención, en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

– O cumprimento da finalidade da subvención.

– Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables ás actuacións subvencionadas coa seguinte relación: identificación do/da acredor/a, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. Salvo disposición expresa das bases reguladoras, e sen prexuízo do previsto na alínea 4, non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3º. Certificado de taxador/a independente debidamente acreditado/a e inscrito/a no correspondente rexistro oficial, no caso de adquisición de bens inmobles.

4º. Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, no seu caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia na alínea 2.

5º. Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

6º. Se é o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Anexo III: modelo de declaracións actualizado.

No caso das agrupacións de concellos, estas declaracións emitiranse con base nas emitidas polos respectivos representantes de cada un dos concellos que a integran. Estas declaracións orixinais deberán quedar en poder do concello representante para a súa achega no procedemento de subvencións, de ser requirido para iso polo órgano tramitador.

c) Así mesmo, achegarán unha certificación bancaria do número de conta para facilitar o ingreso do premio.

d) Memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas.

2. Os prazos para presentar a documentación xustificativa serán:

Fase 2018: 15 de decembro de 2018.

Fase 2019: 30 de novembro de 2019.

3. O investimento xustificado deberá coincidir coa resolución de concesión do premio ou coas modificacións autorizadas. Se o investimento xustificado é menor e sempre mantendo os fins para os que se concedeu a subvención, esta reducirase proporcionalmente ao importe xustificado.

A falta de presentación da xustificación nos prazos establecidos ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, ditarase a oportuna resolución, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non xustificarse o investimento correspondente á primeira anualidade, quedará anulada toda a subvención.

De non xustificarse o investimento correspondente a calquera outra anualidade, nos prazos indicados, soamente se anulará a subvención correspondente a esa anualidade, sempre que se xustifique a realización do proxecto premiado.

4. Unha vez presentada polos/as premiados/as a documentación prevista neste artigo, realizarase o pagamento do premio, para cada unha das anualidades de execución do investimento: 2018 e 2019.

Non obstante, os premiados poderán, unha vez ditada a resolución de concesión do premio, solicitar un pagamento anticipado do 50 % do importe correspondente á anualidade do 2018, de conformidade co disposto no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Así mesmo, unha vez iniciada a anualidade 2019, os premiados poderán solicitar o pagamento anticipado do 50 % da contía correspondente á citada anualidade.

Os citados pagamentos anticipados están exentos de constituír garantía, segundo se establece no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 15. Réxime de recursos

Contra a resolución de concesión dos premios, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes, desde que se lle notifica a devandita resolución, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, de conformidade cos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 16. Anulación e reintegro

Procederá o reintegro total ou parcial dos premios percibidos cando concorra calquera das circunstancias previstas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No caso de que os/as beneficiarios/as incumpran algunha das obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Axencia Turismo de Galicia poderá iniciar, se é o caso, un procedemento sancionador, de conformidade co previsto no título IV da dita lei.

Artigo 17. Control

Os/as premiados/as quedan obrigados/as a declarar a contía do premio concedido en calquera outro procedemento de subvencións do cal poida derivar financiamento para a dita actuación.

Igualmente, quedan sometidos ás actuacións de comprobación e control efectuadas polo órgano competente para resolver, así como ás de control financeiro desenvolvidas pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, e a aquelas que deban realizar o Consello de Contas ou o Tribunal de Contas, de conformidade co previsto na súa normativa específica.

Ademais, deberán facilitar á Axencia Turismo de Galicia toda a información e documentación complementaria que esta considere precisa para a concesión ou aboamento do importe do premio.

Artigo 18. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación dos premios concedidos con indicación da norma reguladora, beneficiario ou programa e crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Igualmente, farano na correspondente páxina web oficial nos termos previstos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Así mesmo, e de conformidade cos artigos 18.3 e 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicarase a concesión das axudas reguladas nesta convocatoria á Base de datos nacional de subvencións que operará como sistema nacional de publicidade de subvencións.

A solicitude para ser beneficiario/a do premio levará implícita a autorización, no suposto de que se conceda o premio, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude, así como na Base de datos nacional de subvencións. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorran algunhas das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

As persoas ou entidades interesadas terán, en calquera momento, o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que figuren no Rexistro Público de Subvencións, de conformidade co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 19. Remisión normativa

Supletoriamente, aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas; no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; no disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file