De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, son informados os interesados de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 17 de xaneiro de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: ASC sen OCA/7 (RAE 24611).
Interesada: C.P. Plazuela Cortaduría, 3.
NIF: H15936123.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: A Coruña.
Expediente: ASC sen OCA/4 (RAE 15664).
Interesado: Manuel Blanco Cundins.
NIF: 76316713E.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: Santa Cristina.
Expediente: SAI BT Actas 2017/259.
Interesada: Carballosa, S.L.
NIF: B15273790.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: Porto do Son.