Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 4 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución do expediente tramitado por esta entidade (expediente 2014/280-36).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social; rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, advertíndolle que, de non o facer, se terá por notificada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 4 de decembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2014/280-36.

Interesada: Beatriz González Pérez.

DNI: 36158421Y.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 11 de setembro de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento e modificación de medidas administrativas.