Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 711/2015).

PO. Procedemento ordinario 711/2015

Demandantes: Juan José Montemuíño Vila, Ramón Álvarez Mariño, Cecilia Mosquea Luciano, Ana María Falque Tapia

Avogado: Miguel Blanco Pérez, Miguel Blanco Pérez, Miguel Blanco Pérez, Miguel Blanco Pérez

Demandados: Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Pescados Juan Fernández, S.L.U.

Avogado/a: letrado/a Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 711/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Montemuíño Vila, Ramón Álvarez Mariño, Cecilia Mosquea Luciano e Ana María Falque Tapia contra Pescados Juan Fernández, S.L.U. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo ter por desistida a parte demandante da súa demanda e acordo o sobresemento destas actuacións e o arquivamento dos autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida ao xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación (artigo 188.2 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros na conta nº 1596, clave 64 N, do Banesto, e indicar, no campo “Concepto”, a indicación “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do código “31 Social-revisión”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza