1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.
c) Número de expediente: AMT-2018-0024.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: esta contratación ten por obxecto a contratación do servizo de desenvolvemento de novas funcionalidades, soporte e mantemento dos sistemas que permitan o apoio informatizado na xestión, seguimento, avaliación, información e control do PDR, desenvolvendo e/ou evolucionando e dando soporte a diferentes sistemas de información .
b) División por lotes e número: si, dous.
c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 8 meses contados a partir do 1 de maio de 2018. Se a data de formalización do contrato é posterior a esta última, o prazo de execución rematará non máis tarde do 31 de decembro de 2018.
d) Admisión de prórroga: non.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.
b) Procedemento: aberto harmonizado.
4. Valor estimado: 376.016,54 € (sen IVE):
• Lote 1: 202.710,74 €.
• Lote 2: 173.305,80 €.
5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 250.677,69 € máis 52.642,31 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 303.320,00 € (trescentos tres mil trescentos vinte euros), que se distribúe nos seguintes lotes:
• Lote 1: sistema de xestión contable do organismo pagador (Fogga).
135.140,49 € + IVE (28.379,50 €) = 163.519,99 €.
• Lote 2: sistema de xestión de axudas de ordenación de montes e de prevención de incendios.
115.537,20 € + IVE (24.262,81 €) = 139.800,01 €.
Cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020. Dotación de tecnoloxías de información e comunicación no ámbito da medida 20.
6. Garantía provisional: non se exixe.
7. Obtención da documentación e da información.
a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono: 981 54 52 86.
e) Fax: 981 54 52 74.
f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=257498.
g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.
8. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 7 de marzo de 2018, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
• Entidade: Rexistro da Amtega.
• Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.
• Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
10. Apertura das ofertas.
O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.
11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.
13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 26 de xaneiro de 2018.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2018
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia