Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo para a restauración dos hábitats prioritarios e de interese comunitario na ZEC Gándaras de Budiño mediante a supresión de ameazas, cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 22/2017 PN.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=196104

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: restauración dos hábitats prioritarios e de interese comunitario na ZEC Gándaras de Budiño mediante a supresión de ameazas.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 169.646,70 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 169.646,70 €. Importe total: 205.272,51 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 29 de decembro de 2017.

c) Adxudicatario: Servitec Medioambiente, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 110.066,78 €. Importe total con IVE: 133.180,80 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio