Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7490

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun expediente tramitado por esta entidade (2016/100/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 do Código civil, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio desta.

O expediente está á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, andar baixo, onde no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non o facer, se terá por notificada.

A persoa interesada ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra a resolución ditada no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 22 de decembro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Número do expediente: 2016/100/27.

Persoa interesada: Yazmín Vélez Marín.

Enderezo actual: Carril das Hortas, nº 11-3º D, CP 27002 Lugo.

Asunto: Resolución do 30 de novembro de 2017.

Efectos: cambio de medida administrativa.