Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7673

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, que completa con inclusión de convenios non incluídos na anterior publicación, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o terceiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO
Convenios asinados no terceiro cuadrimestre de 2017

Título

Obxecto

Data
de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización dun estudo de investigación sobre o marco xurídico dos servizos sociais en Galicia.

Establecer a colaboración coa Universidade da Coruña para a realización dun proxecto de investigación sobre o actual marco regulador dos servizos e prestacións no ámbito dos servizos sociais.

1.9.2017

60.000,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas do estudantado da UDC.

Establecer o marco de colaboración coa Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas, tanto curriculares como extracurriculares nos centros, órganos e/ou unidades da consellería.

19.12.2017

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Marola Fútbol Club no desenvolvemento dun programa de fomento da práctica deportiva para menores internados no centro Concepción Arenal e de soporte á autonomía dos mozos que rematan o cumprimento das medidas de internamento en centros de reeducación.

Establecer o marco de colaboración coa Asociación Marola Fútbol Club para o financiamento do programa que desenvolve o club durante o ano 2017 dirixido a facilitar a práctica deportiva dos internos no centro Concepción Arenal, así como o tránsito á autonomía e inserción sociolaboral dos mozos, de idades comprendidas entre 18 e 25 anos, que rematen o seu internamento nun centro, e residan na cidade da Coruña, naqueles casos en que a súa contorna sociofamiliar non reúna as condicións necesarias para facilitar a súa inserción sociolaboral.

9.9.2017

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Instituto Galego do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (Ingada) para o desenvolvemento dun programa de asesoramento ás familias.

Establecer o marco de colaboración co Ingada no desenvolvemento dun proxecto de asesoramento ás familias de membros con TDAH e trastornos asociados.

9.10.2017

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Avogados de Ferrol para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2017 en Ferrol.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados de Ferrol, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta en Ferrol.

22.11.2017

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ourense para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2017 en Ourense.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio de Avogados de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta en Ourense.

23.11.2017

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta durante o ano 2017 nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Padrón, Negreira, Ordes e Arzúa.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta nos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Padrón, Negreira, Ordes e Arzúa.

23.11.2017

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados da Coruña para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta durante o ano 2017 na Coruña.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Ilustre Colexio de Avogados da Coruña, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial familiar gratuíta na Coruña.

24.11.2017

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social e o Ministerio Fiscal para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial en Lugo.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social e o Ministerio Fiscal, para o desenvolvemento dun programa de mediación familiar intraxudicial gratuíta en Lugo.

28.11.2017

Sen dotación económica

Acordo de prórroga para o ano 2018 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Centro Trama para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Dar continuidade á colaboración con esta asociación para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia de Ourense.

21.12.2017

255.714,28 €

Acordo de prórroga para o ano 2018 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, na provincia da Coruña.

Dar continuidade á colaboración con esta fundación para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia da Coruña.

21.12.2017

470.805,72 €

Acordo de prórroga para o ano 2018 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Dignidad Lugo para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Dar continuidade á colaboración con esta asociación para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia de Lugo.

21.12.2017

263.921,04 €

Acordo de prórroga para o ano 2018 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Arela para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións en medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores.

Dar continuidade á colaboración con esta fundación para levar a cabo unha intervención educativa integral con menores que teñen que cumprir medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, impostas polos xulgados de menores en virtude do artigo 7 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, ou que teñan que realizar tarefas e actividades de reparación extraxudicial previstas no artigo 19 da mencionada lei, no ámbito da provincia de Pontevedra.

21.12.2017

331.166,07 €

Acordo de prórroga para o ano 2018 do convenio de colaboración entre la Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de atención específica Montefiz.

Dar continuidade á colaboración con esta fundación para a atención residencial, a intervención educativa integral e terapéutica con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, no centro de atención específica Montefiz.

Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas, de acordo co previsto na letra n) do artigo 56 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, e no artigo 34 do Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

21.12.2017

1.641.510,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2018 do convenio de colaboración entre la Consellería de Política Social e a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Monteledo.

Dar continuidade á colaboración con esta fundación para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, no centro Monteledo.

Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas, de acordo co previsto na letra n) do artigo 56 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, e no artigo 34 do Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

21.12.2017

2.435.657,14 €

Acordo de prórroga para o ano 2018 do convenio de colaboración entre la Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro Concepción Arenal.

Dar continuidade á colaboración con esta fundación para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, no centro Concepción Arenal.

Así mesmo, incluirá a atención dos fillos e fillas menores de tres anos que convivan coas súas nais internadas, de acordo co previsto na letra n) do artigo 56 da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora de responsabilidade penal dos menores, e no artigo 34 do Real decreto 1774/2004, do 30 de xullo, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

21.12.2017

2.336,000,00 €

Acordo de prórroga para o ano 2018 do convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña (ICOEC). para a atención odontolóxica de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia na Clínica Social de Odontoloxía da Coruña.

Dar continuidade para o ano 2018 ao marco de colaboración en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a protección da Xefatura Territorial da Consellería na Coruña poden acceder ao servizo de asistencia odontolóxica e protésica do ICOEC na clínica social da Coruña.

Os tratamentos odontolóxicos referidos neste convenio serán os excluídos do Servizo Galego de Saúde.

26.12.2017

Sen dotación económica.

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Consellería de Política Social e a Deputación da Coruña, para a atención de menores no centro residencial Fogar Infantil Emilio Romay, na Coruña.

A atención de menores, tutelados pola Xunta de Galicia ou en situación de garda, a través de medidas de acollemento residencial e atención de día, no centro Fogar Infantil Emilio Romay, establecemento de que é titular a Deputación Provincial da Coruña.

A través deste convenio a dita institución pon á disposición da Consellería de Política Social 27 prazas.

29.12.2017

275.940,00 €

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Consellería de Política Social e a Deputación de Pontevedra, para a atención de menores no centro residencial Ciudad Infantil Príncipe Felipe, en Pontevedra.

A atención de menores, tutelados pola Xunta de Galicia ou en situación de garda, no centro Ciudad Infantil Príncipe Felipe, establecemento de que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra.

A través deste convenio a dita institución pon á disposición da Consellería de Política Social 100 prazas.

29.12.2017

782.303,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña, para o desenvolvemento do programa Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo.

A colaboración no desenvolvemento do programa que inclúe o deseño e a aplicación do tratamento terapéutico das persoas menores derivadas polos equipos técnicos de menores da Consellería de Política Social, o seguimento e avaliación científica dos resultados e o asesoramento aos profesionais e coidadores das persoas menores que estean recibindo o tratamento.

29.12.2017

194.134,85 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do Programa operativo estatal de inclusión social e economía social 2014-2020 do Fondo Social Europeo.

Execución de determinadas accións do Programa operativo estatal de inclusión social e economía social 2014-2020 do Fondo Social Europeo.

14.9.2017

64.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e o Centro Asociado UNED-A Coruña para o financiamento do programa Uned Sénior 2017.

Contribuír ao financiamento da oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais. Para estes efectos, o programa desenvólvese vinculado ao ámbito rural galego, de tal xeito que as clases non teñen lugar no centro asociado, senón que se despraza ao ámbito rural para dar cobertura a unha necesidade formativa específica e evítase o solapamento de ofertas similares a un mesmo público demandante.

4.9.2017

13.200,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior.

Consolidación da Universidade Sénior, que é unha oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

15.9.2017

27.500,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do IV Ciclo Universitario.

Favorecer e permitir o desenvolvemento da oferta educativa do programa universitario de maiores IV ciclo, así como a participación social que se leva a cabo desde as actividades de voluntariado activo.

18.9.2017

27.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Asociación Galega San Francisco (Agasfra), para a execución dun proxecto piloto de emprego personalizado para persoas con discapacidade intelectual.

Colaboración no desenvolvemento dun proxecto piloto de emprego personalizado para persoas con discapacidade intelectual usuarias do centro especial de emprego e doutros servizos de que a entidade Asociación Galega San Francisco é titular.

19.9.017

210.530,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Boimorto, co fin de instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal.

Contribuír ao financiamento das actuacións que o Concello de Boimorto ten previsto desenvolver durante o ano 2017, de cara á realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

22.9.2017

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Santa Comba, co fin de instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal.

Contribuír ao financiamento das actuacións que o Concello de Santa Comba ten previsto desenvolver durante o ano 2017, de cara á realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

25.9.2017

21.711,20 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Riotorto, co fin de instrumentar a colaboración para a realización de actividades de atención a persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como da promoción da autonomía persoal.

Contribuír ao financiamento das actuacións que o Concello de Riotorto ten previsto desenvolver durante o ano 2017, de cara á realización de programas e actividades dirixidos á atención de persoas en situación de dependencia, de prevención da situación de dependencia e do agravamento desta, así como de promoción da autonomía persoal das persoas maiores residentes nese concello.

26.9.2017

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes), para o financiamento dun programa de apoio socio-educativo comunitario e prevención da situación de dependencia no medio rural a persoas con enfermidade mental residentes en Galicia.

Contribuír ao financiamento das actividades de que consta o programa orientado ao apoio socio-educativo comunitario e e prevención das situacións de dependencia no medio rural para persoas con enfermidade mental en Galicia que Feafes ten previsto desenvolver, entre outras, durante o ano 2017.

28.9.2017

100.000,00 €

Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para o financiamento do Programa universitario para maiores.

Contribuír ao financiamento da oferta de estudos para aqueles maiores que no seu momento non puideron acceder á universidade ou que, sendo xa titulados, se atopan en idade inhabitual para as tarefas académicas.

6.11.2017

27.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia) para a execución dun proxecto de análise, estudo e sensibilización sobre as necesidades e o envellecemento das persoas adultas coa síndrome de Down.

Contribuír ao financiamento do desenvolvemento dun proxecto de prevención e atención ao proceso de envellecemento en que, partindo da análise, estudo e sensibilización das necesidades do envellecemento das persoas adultas coa síndrome de Down, se fomente a súa independencia e autonomía persoal adoptando pautas que melloren a súa calidade de vida.

28.11.2017

85.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para a execución dun proxecto de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal no medio rural.

Contribuír ao financiamento do desenvolvemento dun proxecto de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal no medio rural cunha metodoloxía de intervención a persoa desde a idade temperá de cara a promover ao máximo as súas capacidades e habilidades funcionais, contribuíndo á súa mellora física, cognitiva, de comunicación e linguaxe para unha maior independencia e autonomía na vida cotiá.

4.12.2017

140.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos Pía da Casca, do CEIP As Mercedes, relativo á utilización de instalacións do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas para o curso académico 2017/18.

A utilización gratuíta por parte da Asociación de Nais e Pais de Alumnos Pía da Casca, do CEIP As Mercedes, das instalacións do comedor e do salón de actos da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas, sita na cidade de Ourense.

11.9.2017

Sen custo económico