Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 7903

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 15 de xaneiro de 2018 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2018.

Advertidos erros na referida orde publicada no DOG núm. 15, do 22 de xaneiro de 2018, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 4587, na instrución primeira do punto 2, onde di: «2. De conformidade co establecido no artigo 20 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, as retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior son as que se reflicten no anexo I desta orde. As retribucións a que se refire o parágrafo anterior imputaranse ao concepto orzamentario 100.00 dentro do programa correspondente.», debe dicir: «2. De conformidade co establecido no artigo 20 da Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, as retribucións das persoas titulares das delegacións da Xunta de Galicia no exterior son as que se reflicten no anexo I desta orde.

As retribucións a que se refire o parágrafo anterior imputaranse ao concepto orzamentario 100.00 dentro do programa correspondente».

Na páxina 4601, na instrución oitava do punto 14, onde di: «– De ser o caso, un complemento persoal transitorio que se denominará “Complemento de equiparación V Convenio», debe dicir: «– De ser o caso, un complemento persoal transitorio que se denominará “Complemento equiparación Convenio Xunta».

Na páxina 4634, substitúese o punto 5, letra b), do anexo XVII polo seguinte:

b) A contía anual do complemento autonómico transitorio é a que se especifica a continuación para cada tipo de posto:

Tipo de posto

Importe anual

Secretarios xulgados de paz municipios máis de 7.000 habitantes (IV)

5.229,48

Xestor procesual (III-A)

5.229,48

Xestor procesual servizo común de apoio (III-A)

6.370,92

Xestor procesual S.C.N.E. (III-A)

6.859,92

Xestor procesual xulgado violencia sobre a muller (III-A)

5.464,44

Xestor procesual secretario/a xulgado de paz (IV-D)

5.229,48

Xestor procesual xulgado de paz (IV-C)

5.229,48

Tramitador procesual (III-A)

5.229,48

Tramitador procesual servizo común de apoio (III-A)

6.370,92

Tramitador procesual S.C.N.E. (III-A)

5.881,68

Tramitador procesual xulgado violencia sobre a muller (III-A)

5.464,44

Tramitador procesual xulgado de paz (IV-C)

5.229,48

Auxilio xudicial (III-A)

5.229,48

Auxilio xudicial S.C.N.E. (III-A)

6.859,92

Auxilio xudicial xulgado violencia sobre a muller (III-A)

5.464,44

Auxilio xudicial xulgado de paz (IV-C)

5.229,48