BDNS (Identif.): 382409.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Segundo. Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 200 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2018, co obxecto de coñecer a lingua dese país.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Orzamento e contía das bolsas
O importe global previsto na orde é de 200.000 euros.
A dotación económica asignada a cada persoa beneficiaria será dun máximo de 1.000 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2018.
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria