Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente CO-RES-2017-0013.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta dirección xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: CO-RES-2017-0013.

Interesados: herdeiros de Santiago Carracedo Perfecto.

Acto notificado: resolución.