Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8226

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia da resolución de baixa ou denegación no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo, para ser notificada por comparecencia da resolución de baixa ou denegación no Rexistro Oficial de Produtores e Operadores.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Sanidade e Produción Vexetal da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Consellería do Medio Rural, situadas na rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15701 Santiago de Compostela (A Coruña), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data da súa finalización.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2018

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

NIF

Resolución

36/2014/26

Co. Labora Servicios, S.C.

...900

Baixa