Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8268

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de contratación mediante procedemento aberto das obras correspondentes ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ adicional 1/2017, 1ª fase.

1. Entidade adxudicadora. Concello de Ordes. Expediente nº 3/C/18. Obtención de documentación e información: rúa Alfonso Senra, 108, 15680, Ordes. Teléfono: 981 68 00 02. Telefax: 981 68 22 21. Correo electrónico: correo@ordes.gal. Perfil do contratante: www.ordes.gal

2. Obxecto do contrato: rede de saneamento e abastecemento na Pedreira (Leira) e outros. Código: 17.2001.0678.0. Prezo: (250.906,79 €), IVE incluído. Prazo de execución: seis (6) meses. Garantía provisional: non se exixe. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído. CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8, 45232440-8, 45233222-1.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación. Fase I: plan de control interno de calidade, programa de traballo, programa de actuación ambiental, plan de seguridade e saúde. Fase II: porcentaxe destinada a control de calidade, redución de prazos, prezo.

4. Presentación de ofertas. Data límite de presentación: dentro do prazo dos 26 días naturais, contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 12 (Proposicións. Documentación) do prego de cláusulas administrativas particulares. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Ordes.

5. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: a que figura na cláusula 12.1.1.G do prego de cláusulas administrativas particulares.

Ordes, 26 de xaneiro de 2018

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente