Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8487

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 159/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 159/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Romina Vieira Albán contra Panadería La Seca, S.L. sobre ordinario, se ditou auto do 12.1.2018, impugnable en reposición no prazo de tres días, o cal está ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Panadería La Seca, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 12 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza