Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8482

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2018 pola que se nomea o tribunal de selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico.

Unha vez convocado proceso selectivo para a provisión mediante contrato laboral temporal dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico, pola Resolución do 11 de decembro de 2017, publicada no Diario Oficial de Galicia número 241, do 21 de decembro, vistos o artigo 7 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, a restante normativa aplicable, e de acordo co artigo 11 do citado convenio, en uso das facultades conferidas polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta xerencia

RESOLVE:

Nomear o tribunal, titular e suplente, que deberá facer a selección da praza de titulado/a superior para a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico, recollida na mencionada convocatoria.

O dito tribunal ten a seguinte composición:

Tribunal titular:

Presidencia: María Isabel Barros Pena, xefa do Servizo de Xestión, persoal estatutario grupo técnico da función administrativa, subgrupo A1.

Secretaría: Mario Mosquera Verea, xefe do Servizo de Innovación Formativa, persoal estatutario grupo técnico da función administrativa, subgrupo A1.

Vogal: Elías Vázquez Iglesias, persoal estatutario grupo técnico da función administrativa, subgrupo A1.

Tribunal suplente:

Presidencia: Alicia Piñeiro Redondo, xefa do Servizo de Consultoría de Galaria, persoal estatutario grupo técnico da función administrativa, subgrupo A1.

Secretaría: Rosa María Hurtado Taboada, xefa do Servizo de Docencia, persoal estatutario grupo técnico da función administrativa, subgrupo A1.

Vogal: María José Faraldo Vallés, xefa do Servizo da Unidade de Asesoramento Científico-Técnico, persoal funcionario facultativo superior, subgrupo A1.

A este tribunal resúltanlle de aplicación as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección do 11 de abril de 2007 e o Acordo adoptado no Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo a Xerencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 24 da citada Lei 40/2015, do 1 de outubro.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o xulgado contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Todo iso sen prexuízo de que a persoa interesada poida interpor calquera outro recurso que mellor conveña ao seu dereito.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018

A xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
P.S. (Acordo do 30.6.2017)
Luis Ángel León Mateos
Director da Área de Planificación e Promoción da Investigación Sanitaria