Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8485

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (884/2015).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 884/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván Lago Rodríguez contra a empresa Miguel Ángel Calvo Veiga, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Iván Lago Rodríguez, debo condenar e condeno a empresa Miguel Ángel Calvo Veiga a que lle aboe ao demandante a cantidade de 251,70 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Miguel Ángel Calvo Veiga, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza