Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8494

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

ETX de notificación de resolución (245/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 245/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Pérez Lourido contra a Asociación Galega Serra do Bocelo e o Fogasa, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dezaseis de xaneiro de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Asociación Galega Serra do Bocelo en situación de insolvencia total polo importe de 1.930,71 euros (1.531,83 euros en concepto de diferenzas salariais e na quitación, 398,88 euros en concepto de xuros do art. 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 193,07 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñeceren novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma á Asociación Galega Serra do Bocelo, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza