Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8490

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 21/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 21/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo González Bustabad contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 422/2017 de data do 26 de setembro de 2017, ditada no procedemento ordinario 352/2015 a favor da parte executante, Pablo González Bustamad, fronte a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., Fogasa, parte executada, por importe de 3.555,53 euros en concepto de principal (2.683,54 euros en concepto de diferenzas salariais, 671,99 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET, 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 355,55 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así, acórdao e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza.

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

Parte dispositiva

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Falcón Contratas y Seguridad, S.A., dar audiencia previa á parte demandante Pablo González Bustabad e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza