Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8569

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de aprobación definitiva do expediente de expropiación da senda na estrada do Adro Vello, entre os núcleos das Pozas (Petelos) e Seixabre (Torroso).

O Pleno do Concello de Mos, con data do 15 de xaneiro de 2018, resolveu as alegacións e aprobou definitivamente o expediente de expropiación da senda na estrada do Adro Vello, entre os núcleos das Pozas (Petelos) e Seixabre (Torroso).

Publícase este anuncio que servirá de notificación para os interesados e posibles titulares dominicais ou doutros dereitos reais ou intereses económicos directos sobre os bens que se van expropiar que resultan descoñecidos, ou respecto dos cales se ignore o lugar para a práctica das notificacións. Se logo de efectuada a referida publicación, non comparecen os propietarios descoñecidos, seguiranse as dilixencias co Ministerio Fiscal. O cómputo do prazo de vinte días para estes interesados comezará desde o día seguinte ao da referida publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mos, 16 de xaneiro de 2018

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa