Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8756

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (329/2015).

Xuízo verbal 392/2015

Sobre outras materias

Demandante: Federico Miranda Lage

Demandado: Imperio Clandestino

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ortigueira, 13 de decembro de 2016.

Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira, os presentes autos de xuízo verbal rexistrados co número 392/2015 nos cales interviñeron, como demandante, Federico Miranda Lage, e como demandada, a entidade Imperio Clandestino, declarada en rebeldía procesual...

Resolución.

Estimo totalmente a demanda e debo condenar e condeno a Imperio Clandestino a aboar a Federico Miranda Lage a contía de trescentos cincuenta euros (350,00), máis os xuros legais desde a data da primeira reclamación extraxudicial realizada o 12 de febreiro de 2014. Con imposición de custas á entidade demandada...».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Imperio Clandestino, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ortigueira, 20 de xaneiro de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza