Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8618

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

BDNS (Identif.): 384941.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2017/18, na Comunidade Autónoma de Galicia e que estea cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2018.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 1.224.743,80 euros.

Número de prazas: 1.400.

Importe individual: a contía da axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo por praza e a achega que lle corresponda segundo os custos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados na táboa seguinte e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar:

Achega das familias (€)

Modalidade

Duración

Nº de prazas

Custo por praza (€)

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

2º bacharelato

Inglés en Canadá

3 semanas

80

2.950

375

670

1.180

1.475

Inglés no Reino Unido

3 semanas

90

2.244,55

285

510

898

1.122

Francés en Francia

3 semanas

10

2.244,55

285

510

898

1.122

Portugués en Portugal

3 semanas

10

2.000,13

254

454

800

1.000

1º bacharelato

Inglés no Reino Unido

3 semanas

90

2.244,55

285

510

898

1.122

Inglés en Canadá

3 semanas

80

2.950

375

670

1.180

1.475

Inglés en Canadá- Integración

4 semanas

30

3.367

428

764

1.347

1.684

Inglés en Galicia

1 semana

50

755,04

96

171

302

378

Francés en Francia

3 semanas

10

2.244,55

285

510

898

1.122

Portugués en Portugal

3 semanas

10

2.000,13

254

454

800

1.000

4º educación secundaria obrigatoria

Inglés en Galicia

1 semana

50

755,04

96

171

302

378

4º educación secundaria obrigatoria

Inglés en Galicia

2 semanas

90

554,18

70

126

222

277

3º educación secundaria obrigatoria

Inglés en Galicia

2 semanas

180

554,18

70

126

222

277

2º educación secundaria obrigatoria

Inglés en Galicia

2 semanas

240

554,18

70

126

222

277

1º educación secundaria obrigatoria

Inglés en Galicia

2 semanas

380

554,18

70

126

222

277

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria