
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizo.
b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo para o desenvolvemento da evolución funcional continuada, o mantemento e o soporte especializado do sistema de gravación de vistas orais eFidelius, utilizado na Administración de xustiza en Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, Diario Oficial de la Unión Europea e Boletín Oficial del Estado.
e) Data de publicación do anuncio de licitación:
Diario Oficial de Galicia: 8.6.2017.
Diario Oficial de la Unión Europea: 8.6.2017.
Boletín Oficial del Estado: 20.6.2017.
3. Tramitación e procedemento.
a) Procedemento: aberto harmonizado.
b) Tramitación: ordinaria.
4. Valor estimado do contrato: 445.500,00 euros (IVE excluído).
5. Orzamento base de licitación: 392.040,00 euros (IVE incluído).
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 18.10.2017.
b) Data de formalización do contrato: 12.12.2017.
c) Contratista: Core Grid, S.L.
d) Importe de adxudicación: 368.517,60 euros (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia


