Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8721

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2018 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal dos corpos da Policía local dos concellos de Galicia.

Aprobado o programa anual de actividades para o ano 2018 da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) polo Consello Reitor, de acordo co establecido no artigo 9.2.b) da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Agasp, convócanse os cursos de formación continua dirixidos aos/ás policías locais de Galicia, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2018, cuxas bases e características, especifícanse nos anexos desta resolución.

A Estrada, 2 de febreiro de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Destinatarios

Poderán participar nos cursos convocados por esta resolución os/as policías locais de Galicia que se atopen en situación de servizo activo ou excedencia por coidado de familiares.

A baixa laboral por incapacidade temporal impide a participación nas accións formativas convocadas, polo que de producirse esta situación, os/as interesados deberan comunicalo á Agasp de xeito inmediato, no caso de non facelo serán penalizados coa non participación en accións formativas da Agasp nun ano contado desde o día seguinte a que se teña coñecemento do feito, e no caso de estar a realizar efectivamente un curso, non se emitirá diploma algún deste.

Será revisable a admisión de persoas en baixa laboral por incapacidade temporal, cando esta veña producida por accidente de traballo recoñecido como tal e a asistencia ao curso non interfira na recuperación.

O 10 % das prazas convocadas reservanse ao persoal das forzas e corpos de seguridade do Estado que traballan en Galicia.

Se as solicitudes para participar nun curso non superan as 10 persoas, a Agasp reservase a facultade de anular a actividade formativa.

Segunda. Solicitudes

• O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (htpp://agasp.xunta.es), non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

• É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp, manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións, no suposto de non ser correctos ou exactos os ditos datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

• A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas solicitantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como a imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

• Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normativizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

• No caso de atoparse en algún dos supostos que a continuación se indican, o/a solicitante deberán remitir á Agasp, no mesmo prazo establecido para o envío da solicitude de inscrición, a certificación orixinal ou fotocopia legalizada que acredite tal situación (non será preciso, se tal documentación xa obra en poder da Agasp, neste caso, deberán comunicalo na propia solicitude).

– Profesionais que estean a gozar ou gozasen nos dous últimos anos, dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución de xornada ou dunha excedencia por coidado de familiares.

• Cando o curso para o cal presenta solicitude requira a presentación de documentación complementaria co obxecto de acreditar circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección, deberá remitir tal documentación por fax (886 20 61 22), por correo electrónico (formacion.agasp@xunta.es) ou de acordo co establecido no artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

• O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

• O número máximo de cursos que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a 5.

No caso de que unha mesma persoa, presente máis solicitudes das permitidas, a Agasp de xeito automático elixirá as primeiras 5 accións formativas solicitadas.

• Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios en unha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o/a alumno/a non poderá participar noutros cursos durante un ano desde que se detecte este feito.

Terceira. Criterios xerais de selección

Os criterios xerais de selección son os que a continuación se indican, sen prexuízo de que cursos específicos requiran outros diferentes, o cal se indicará na ficha de cada acción formativa concreta.

• Menor número de cursos realizados na Agasp nos dous últimos anos.

• Por orde de inscrición.

Terán preferencia na selección os/as candidatos/as que estean a gozar ou gozasen, nos dous últimos anos dunha licenza de maternidade, dun permiso de paternidade, dunha redución da xornada ou dunha excedencia para o coidado de familiares, sempre que cumpran cos requisitos obxectivos para ser destinatarios do curso.

Ademais, de conformidade co establecido no artigo 37 bis da Lei 7/2004, para a igualdade de homes e mulleres, nos cursos, xornadas ou outras actividades formativas organizadas ou financiadas pola Administración pública galega, reservarase un 50 % das prazas a mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

Cuarta. Admisión

• A Agasp publicará na súa páxina web a relación de persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, con polo menos, 5 días naturais antes do inicio de cada curso.

O prazo de presentación de alegacións será de tres días naturais desde a súa publicación.

Os/as alumnos/as seleccionados serán informados da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxería telefónica, todos aqueles que non figuren na relación, non foron seleccionados, ben porque ocupan un posto máis afastado na listaxe de reservas, ben porque foron excluídos por algún motivo dos expresados nesta convocatoria, todo de acordo co previsto no artigo 59.6.b) da LRXPAC.

A Agasp reservase o dereito de solicitar aos concellos de procedencia todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

• O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificada ou necesidade do servizo sempre que se acredite documentalmente o feito alegado polo xefe/a do corpo da policía local do concello en que traballe ou a súa persoa responsable.

No caso de cambios de cadrante ou quendas de traballo, deberán quedar acreditados suficientemente os seus motivos e que se coñeceron con posterioridade á solicitude de inscrición no curso.

A renuncia debe ser comunicada por escrito a través do modelo que figura na páxina web da Agasp e con unha antelación de 3 días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A renuncia non xustificada ou a non acreditación documental da causa que a produce suporá a exclusión da persoa seleccionada nos seguintes 10 cursos que se convoquen polo Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp e en que a persoa figura como a súa posible destinataria, sen contar edicións repetidas, cursos xa realizados e que polo menos teñan a mesma carga horaria, do curso polo que foi penalizado.

Quinta. Asistencia aos cursos

• É obrigatoria a asistencia con puntualidade a todas as sesións dos cursos.

Durante a realización dos cursos levarase un control permanente da asistencia a través dos sistemas que se establezan para o efecto, e poderá realizarse controis de asistencia extraordinarios.

Unicamente se autorizará a ausencia por causas xustificadas e debidamente acreditadas e en ningún caso, poderá superar o 10 % das horas lectivas.

A ausencia xustificada superior ao 10 % do total das horas lectivas suporá a perda do dereito a expedición do diploma, no caso de haber unha segunda edición do curso en cuestión, o Servizo de Formación en Seguridade Pública, poderá valorar a posibilidade de que o/a alumno/a poida recuperar as horas non realizadas na edición anterior, en todo caso para poder valorar esta posibilidade non poden transcorrer máis de seis meses entre unha edición e a seguinte.

A falta de asistencia dun número superior ao 10 % das horas lectivas sen xustificación ou falta de acreditación documental da causa alegada non só dará lugar a perda do dereito ao diploma do curso, senón tamén a penalización coa non participación en cursos da Agasp durante un ano, contado desde o día seguinte ao da finalización do curso.

• O alumnado asistirá aos cursos co uniforme regulamentario. No caso de non facelo, e non existir causa suficientemente xustificada, a Agasp poderá impedir a asistencia ao curso e non emitirá diploma nin certificado acreditativo algún.

Sexta. Certificación

Para poder superar os cursos o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se levará a cabo ao seu remate.

Sétima. Desenvolvemento dos cursos

• A Agasp poderá suspender a realización de actividades formativas convocadas cando sexa necesario por motivos técnicos ou insuficiencia de solicitudes de participación.

• A Agasp poderá modificar as datas, horarios, contidos e desenvolvemento dos cursos, así como resolver todas as continxencias e incidencias que poidan xurdir.

• A Agasp poderá programar cursos diferentes cando así veña exixido por circunstancias que afecten a organización, xestión e docencia.

ANEXO II

Código

Denominación actividade

Nº horas

Nº prazas/edición

Datas

Horario

Tráfico e seguridade viaria

181049

Matriculación de vehículos

8

25

20.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 

181050

Matriculación de vehículos

8

25

21.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 

181034

Control de taxis e VTC

8

25

21.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181051

Reformas de vehículos. Actuación policial. Nivel 2

8

25

9.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181052

Reformas de vehículos. Actuación policial. Nivel 2

8

25

10.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181053

Introdución á circulación internacional de vehículos. Nivel 3

8

25

12.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181011

Operadores de radar. Nivel 1

20

25

7, 8 e 9.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181012

Transportes. Actualización. Nivel 1

24

25

11, 12 e 13.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181013

Detección drogas condución. Nivel 1

15

25

9 a 10.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181014

Detección drogas condución. Nivel 1

15

25

4 e 5.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181054

Interpretación e uso de base de datos ATEX. Nivel 2

8

25

18.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181035

Condicións técnicas dos vehículos e reformas de importancia. Nivel 1

8

25

14.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181036

Condicións técnicas dos vehículos e reformas de importancia. Nivel 1

8

25

15.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181055

Operativa policial aplicada á circulación de vehículos estranxeiros. Nivel 3

30

15

14, 15, 16 e 17.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181026

Protocolos e programas informáticos para atestados, alcohol e drogas. O delito 384. Nivel 1

20

25

21, 22 e 23.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181025

Plans de seguridade e mobilidade urbana

20

20

5, 6 e 7.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

Policía comunitaria e policía de proximidade

181009

Policía comunitaria*

16

16

18 e 19.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181010

Policía comunitaria

16

16

20 e 21.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181024

Xestión policial

24

25

21, 22 e 23.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181056

Linguaxe saudable

8

16

8.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181007

Básico de mediación

25

20

6, 7 e 8.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181008

Básico de mediación

25

20

9, 10 e 11.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181032

Actuación policial ante os tribunais

8

25

5, 6 e 7.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

Área xurídica. Policía administrativa

181023

Dereito procesual penal policial

65

25

17, 23 e 30.4.2018, 7, 14, 21 e 28.5.2018, 4.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181028

Aplicación práctica da Lei de seguridade cidadá

12

25

9 e 10.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181058

Actas de intervención de armas. Referencia ás «armas prohibidas»

8

25

11.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181059

Lei de protección do benestar animal

4

25

5.3.2018

10.00-14.00

181060

Lei de protección do benestar animal

4

25

5.3.2018

15.30-19.30

181041

Consumo de drogas e adicións. Especial atención aos menores. Prevención policial

12

25

24 e 25.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181015

Estranxeiría

16

25

10 e 11.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181016

Delitos de odio

16

25

19 e 20.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181061

Xestión policial da diversidade

12

25

31.5.2018 e 1.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181107

Xestión policial da diversidade

12

25

1 e 2.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181042

Policía local e medio ambiente: actualización

16

25

3 e 4.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181062

A nova regulación do urbanismo en Galicia

20

25

21, 22 e 23.2.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181033

Responsabilidade civil e penal das forzas e corpos de seguridade

20

25

7, 8 e 9.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181038

A nova normativa de protección de datos. Especial referencia á actividade policial

10

25

27 e 28.2.2018

9.00-14.00

181037

Videovixilancia e actividade policial

10

25

22 e 23.3.2018

9.00-14.00

181039

Acoso escolar. Redes sociais

16

25

12 e 13.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181040

Intervención policial ante pintadas e grafites

8

25

17.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181063

Criminal profiling

20

25

26, 27 e 28.2.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181064

Agresións sexuais. 1ª actuación coa vítima

12

25

7 e 8.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181065

Agresións sexuais. 1ª actuación coa vítima

12

25

9 e 10.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

Violencia de xénero

181066

1ª actuación da policía ante un suposto de violencia de xénero

8

25

5.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181067

1ª actuación da policía ante un suposto de violencia de xénero

8

25

6.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181068

Instrución de dilixencias por violencia de xénero

8

25

12.4.2017

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181069

Instrución de dilixencias por violencia de xénero

8

25

13.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181070

Recursos das adminstracións públicas nos supostos de violencia de xénero

4

25

16.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181071

Intervención co home maltratador

12

25

14 e 15.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181072

Os menores como vítimas

8

25

4.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

O terrorismo xihadista

181073

Inmigración e interculturalidade

8

25

10.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181074

Identificación, análise e resposta ante a ameaza do terrorismo xihadista 1

10

20

5.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181075

Identificación, análise e resposta ante a ameaza do terrorismo xihadista 1

10

20

27.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181076

Identificación, análise e resposta ante a ameaza do terrorismo xihadista 2

10

20

7.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181077

Identificación, análise e resposta ante a ameaza do terrorismo xihadista 2

10

20

8.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181104

Plan de convivencia e loita contra a radicalización violenta

24

20

1.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181105

Plan de convivencia e loita contra a radicalización violenta

24

20

1.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

Táctica policial

181027

A seguridade persoal e o uso da forza

16

16

3 e 4.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181029

Servizos de paisano

12

20

16 e 17.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181030

Servizos de paisano

12

20

17 e 18.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181031

Rexistros en espazos pechados

12

16

22 e 23.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181043

Intervención en inmobles

20

16

3, 5, 10 e 12.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

Utilización de medios de dotación policial

181078

Tiro con resposta

12

12

5 e 6.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181079

Tiro con pouca visilibilidade ou nocturno

12

12

9 e 10.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181080

Uso da linterna

4

12

14.4.2018

10.00-14.00

181081

Uso da linterna

4

12

14.4.2018

15.30-19.30

181044

Condución 4×4

16

16

19 e 20.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181108

Condución 4×4

16

16

21 e 22.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

Protección civil e emerxencias

181082

Coordinación cos servizos de emerxencias

8

25

30.5.2017

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181083

Coordinación cos servizos de emerxencias

8

25

31.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181084

Actuación ante incendios urbanos

8

16

9.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181085

Actuación ante incendios urbanos

8

16

16.4.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181086

Actuación ante incendios forestais

8

16

7.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181087

Actuación ante incendios forestais

8

16

14.5.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30 e 10.00-14.00

181088

Uso dos extintores

4

12

7.6.2018

10:00 -14:00

181089

Uso dos extintores

4

12

7.6.2018

15.30-19.30

181109

Investigación de incendios

16

25

5 e 6.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

Área técnica

181090

DESA

8

16

22.3.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181091

DESA

8

16

7.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181092

Socorrismo e primeiros auxilios

8

12

9.6.2017

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181093

Socorrismo e primeiros auxilios

8

12

10.6.2018

10.00-14.00 e 15.30-19.30

181094

Seguridade e autoprotección en contornos acuáticos

16

16

4 e 5.6.2006

9.00-18.30

181095

Seguridade e autoprotección en contornos acuáticos

16

16

6 e 7.6.2006

9.00-18.30

181096

Seguridade e autoprotección nos accidentes de tráfico

16

16

27 e 28.2.2018

9.00-18.30

181097

Seguridade e autoprotección nos accidentes de tráfico

16

16

3 e 4.4.2004

9.00-18.30

181098

PER**

24+12+16

20

Abril a xuño de 2018

Por determinar 

181099

Orientación e localización

16

16

11 e 13.6.2018

9.00-19.00

181100

Orientación e localización

16

16

12 e 14.6.2018

9.00-19.00

181101

Manexo e utilidade dos drons no eido policial

42

12

Xuño de 2018

Por determinar

181110

Rastrexo humano e de vehículos en contornos naturais

25

25

Maio e xuño de 2018

Por determinar 

181102

Intervención da policía con cans e demais animais

32

20

9, 10, 14 e 15.3.2018

Por determinar

* Curso dirixido a xefes e mandos da Policía Local.

** 1º requisito, traballar en zona de costa.