Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato do servizo de limpeza e de recollida e transporte de residuos dos portos dependentes da Zona Centro, suxeito a regulación harmonizada (expediente 2/2018/CNTSE).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Infraestruturas, Medioambiente e Seguridade.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: entidade pública Portos de Galicia. División de Contratación.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Teléfono: 881 99 52 70.

5º. Correo eléctronico: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.gal

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o de prescricións técnicas particulares (PPT) e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=251585

7º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa sinalada no punto 8.a) deste anuncio.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a prestación dos servizos indicados no número 4.1 do CCC, axustándose aos termos definidos no PPT.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non hai.

d) Lugar de execución/entrega: os servizos serán prestados nos portos dependentes da Zona Centro de Portos de Galicia, e relacionados no anexo I do PPT.

e) Prazo de execución/entrega: dous anos con posibilidade de prórroga por dous anos máis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración das ofertas serán os establecidos no número 14 e o anexo IV do CCC.

4. Valor estimado do contrato: 5.656.074,66 euros, IVE do 10 % excluído (equivalente ao orzamento de licitación e a súa eventual prórroga de contrato por dous anos, incrementado nun 15 %, para modificacións previstas no número 22 do CCC).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.630.732,40 euros.

b) Importe do IVE (10 %): 263.073,24 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica ou financeira e técnica e profesional: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia polos medios descritos no número 9.3 do CCC, ou ben, a través da clasificación substitutiva da solvencia, prevista no número 9.2 do CCC.

c) Outros requisitos de capacidade: os exixidos no número 9.4 do CCC.

d) Requisitos específicos que se lle exixirán ao adxudicatario do servizo: os exixidos no número 9.5 do CCC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás catorce (14.00) horas do día 21 de marzo de 2018.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro dos servizos centrais de Portos de Galicia.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.6.1 do PCAP (teléfono 881 95 00 95; fax: 981 54 53 24).

c) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.7 do PCAP e nos números 9 e 12 do CCC.

d) As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, segundo se especifica na cláusula 4.7 do PCAP.

e) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación.

f) Melloras: neste procedemento, os licitadores poderán ofertar melloras sobre as condicións mínimas obrigatorias indicadas no PPT. Estas melloras poderán referirse aos aspectos recollidos no número 5.2 do CCC.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas da EPPG. Praza de Europa, 5 A, 6º (Área Central, polígono das Fontiñas).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

c) Data e hora: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte, e daráselles publicidade no perfil de contratante á data e á hora exacta de celebración do devandito acto.

Se por algún motivo houber que modificar a data de celebración dalgún acto público de apertura de ofertas, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de febreiro de 2018.

12. Outras informacións: a mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.1. do PCAP examinará e cualificará a documentación administrativa do sobre A e comunicará ao licitador e publicará no perfil do contratante os defectos observados, co fin de que, se for o caso, se emenden dentro do prazo que se indique.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia