Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se convoca a contratación por lotes non harmonizada para a subministración de calzado de traballo para os diferentes centros da Consellería de Política Social (expediente 72/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=254992

e) Número de expediente: 72/2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración por lotes de calzado de uso profesional, zoco branco (sanitario e de cociña) e zapato de pel.

c) Nomenclatura CPV:

18100000-0 Roupa de traballo, roupa de traballo especial e accesorios.

18800000-7 Calzado.

d) Nomenclatura CPA:

15.20 Calzado.

e) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si. 10 lotes.

• Lote 1: A Coruña.

• Lote 2: Lugo.

• Lote 3: Ourense.

• Lote 4: Pontevedra.

• Lote 5: Vigo.

• Lote 6: Oleiros.

• Lote 7: Santiago de Compostela.

• Lote 8: Ferrol.

• Lote 9: Sarria.

• Lote 10: Redondela.

f) Lugar de execución/entrega: nos centros dependentes da Consellería de Política Social de acordo co indicado no prego de prescricións técnicas.

g) Prazo de execución/entrega: o contrato estará vixente por un período de 24 meses contado desde o día seguinte ao da súa sinatura. O prazo de vixencia do contrato poderá ser prorrogado, por mutuo acordo das partes antes da finalización deste, por un prazo de 12 meses, polo que o prazo máximo de duración será de 36 meses, incluídas as prórrogas.

h) Admisión de prórroga: si.

i) Establecemento dun acordo marco: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado.

a) Valor estimado do contrato: o valor máximo estimado deste contrato é de 626.755,50 € (seiscentos vinte e seis mil setecentos cincuenta e cinco euros con cincuenta céntimos).

b) Valor estimado por lotes:

– Valor estimado lote 1: 76.770 €.

– Valor estimado lote 2: 71.834,40 €.

– Valor estimado lote 3: 51.768 €.

– Valor estimado lote 4: 56.495,40 €.

– Valor estimado lote 5: 78.840 €.

– Valor estimado lote 6: 69.976,50 €.

– Valor estimado lote 7: 67.734 €.

– Valor estimado lote 8: 46.400,40 €.

– Valor estimado lote 9: 53.554,80 €.

– Valor estimado lote 10: 53.382 €.

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: si. Para cada lote do 5 % do orzamento de licitación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional. Ver puntos 18 e 19 da folla de especificacións do PCAP.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación e Control Económico Contractual.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de contacto:

– Información administrativa e técnica: 981 54 56 62 (Rosa Ana Martínez Fernández).

d) Fax: 981 54 56 85.

e) Correo electrónico: centralizados.traballo@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=254992

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: ata as 14.00 horas do vixésimo día natural, contado desde o da publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 159.2 do TRLCSP, salvo acordo de ampliación do prazo debidamente motivado polo órgano de contratación que será publicado no perfil do contratante. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: segundo o establecido no punto 21 da folla de especificacións do PCAP as proposicións presentaranse na oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, dirixidas ao Servizo de Contratación e Control Económico Contractual da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

As solicitudes tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío e anunciándoo a este Servizo de Contratación e Control Económico Contractual mediante fax ou correo electrónico, no mesmo día e nun só envío, segundo o establecido no punto 21 da folla de especificacións do PCAP (fax do Servizo de Contratación e Control Económico Contractual: 981 54 56 85/correo electrónico: centralizados.traballo@xunta.gal).

Se a documentación se presentase en calquera outro rexistro diferente dos indicados nos parágrafos anteriores non será admitida á licitación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada nas cláusulas 5.3 e 5.4 do PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: o acto público de apertura do sobre B efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante como mínimo con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos de publicidade.

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2018

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social