Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9494

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (899/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de José Bello Reino, rexistrado co núm. 899/2016, se acordou citar a Santiago Dos, S.L. e outros, en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 26.2.2018, ás 10.10 horas, ao acto de conciliación e ás 10.15 horas para a celebración do acto de xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse. Advírtese de que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor, na oficina xudicial, as resolucións ditadas e demais documentos que figuran no procedemento.

Así mesmo, advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto da comparecencia asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Santiago Dos, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza