De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 21 de decembro de 2017, relativo ao proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela na parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño, concello do Saviñao (Lugo), promovido por Francisco Javier González Saavedra.
Este informe de impacto ambiental pódese consultar no enderezo http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n baixo).
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático