De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla nº 70-2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Lugo, 16 de xaneiro de 2018
Margarita López Blanco
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: PES-LU-0095/2017-V.
Interesada: Mari Carmen Ermitas Pardo González Rosón.
Acto notificado: iniciación.