De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Parada II (Ordes-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia do trámite de audiencia no expediente MA-044 de modificación do acordo de concentración da dita zona.
Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 30 de xaneiro de 2018
Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: MA-044.
Acto notificado: trámite de audiencia.
Interesados:
Manuel Martínez Veiras.
Jesús Martínez Veiras.
María Martínez Veiras.
Carmen Martínez Veiras.
Pilar Martínez Veiras.