Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9478

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 987/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 987/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Miguel Fernández Rodríguez contra a empresa Transportes Logísticos Pocomaco, S.R.L., con intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e parte resolutiva din:

«Sentenza

A Coruña, 18 de xaneiro de 2018.

Jorge Hai Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 987/2015 sendo parte neste, dun lado como demandante Santiago Miguel Fernández Rodríguez, asistido polo letrado Fernando José Méndez Sanjurjo, e como demandado Transportes Logísticos Pocomaco, S.R.L., que non comparece, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Parte dispositiva

Que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante Santiago Miguel Fernández Rodríguez, debo condenar e condeno a empresa Transportes Logísticos Pocomaco, S.R.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.812,02 €, máis o 10 % de xuro por mora respecto da cantidade que posúe carácter salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Logísticos Pocomaco, S.R.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza